viernes, 16 de mayo de 2025

Cantareiras

Onte tivemos a segunda actividade de formación dentro do programa Lectura e familias, da asesoría de bibliotecas escolares.

Nesta ocasión relacionada co libro Cantareiras da editorial Polo Correo do vento.

Da man de Enrique Mauricio escoitamos a historia das mulleres homenaxeadas este ano polo día das Letras Galegas.


A narración estivo acompañada dos cantares de Aroa Pino que coa súa voz nos recreou cantigas da nosa Terra, as veces coa pandeireta ou as cunchas e outras coa botella de anís ou a lata de pementón. 

Acompañando esta musicalización da historia, Alba Troiteiro realizou unha fermosa ilustración das Cantareiras. 

E como toda foliada que se precie, a actividade rematou coa participación das familias e do alumnado, que se animaron a cantar e bailar algunha peza. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario