jueves, 30 de marzo de 2023

Visita de Pere Tobaruela

 O escritor do libro Formigas: Misión Rosalía, estará de novo este curso con nós para compartir unha sesión co alumnado de 3º e 4º de primaria o día 20 de abril na biblioteca do centro.



viernes, 24 de marzo de 2023

Contavenres A pita xefa

 





Día da auga 22 de marzo

O día 22 celebramos o día da auga, con diferentes exposicións entre cursos para que o alumnado puidese contar o que aprendeu en torno a este elemento no marco do Pdi no centro "Móllate". O alumnado de infantil realizou a súa propia molécula de auga.

Durante este trimestre estanse levando a cabo talleres coas familias do alumnado para a realización de experimentos relacionados coa auga, nas diferentes titorías.







sábado, 11 de marzo de 2023

Formación ABN

 O profesorado de infantil e de primaria está a participar nun grupo de traballo sobre ABN, matemáticas manipulativas.  Esta foi unha das xornadas de formación. O alumnado de infantil está a realizar un taller semanal conxunto con nenos/as de primaria onde de forma lúdica se traballan as matemáticas. 

 









viernes, 10 de marzo de 2023

Contavenres Pequeño peatón

Pablo e Fiz de 1º A ensinaronos seguridade vial a través do conto Pequeño Peatón.





 

2º Visita oceanográfico 1º primaria

O alumnado de 1º de primaria tamén puido coñecer de primeira man o traballo do Oceanográfico da Coruña a través de esta exposición e taller. Moitas grazas pola visita!

 



miércoles, 8 de marzo de 2023

Día da muller

O 8 de marzo realiazaronse diferentes actividades polas aulas en torno ao día da muller. 





 












 


Visita oceanográfico

O alumnado de 5º de Infantil participou nunha actividade preparada por mamás do alumnado que traballan no centro oceanográfico da Coruña. Coa visita puideron coñecer máis de cerca o traballo destas profesionais, en relación ás campañas oceanográficas do IEO e o medio mariño. 
Despois da presentación tiñan preparadas diversas propostas prácticas coas que xogar/manipular:
- Visualización do plancton a través dun microscopio
- Tipos de redes
- Triaxe de peixiños e medición co ictiómetro
- Observación dunha maqueta de otolito e outra de mandíbula de tiburón