O alumnado de 5º de Infantil participou nunha actividade preparada por mamás do alumnado que traballan no centro oceanográfico da Coruña. Coa visita puideron coñecer máis de cerca o traballo destas profesionais, en relación ás campañas oceanográficas do IEO e o medio mariño.
Despois da presentación tiñan preparadas diversas propostas prácticas coas que xogar/manipular:
- Visualización do plancton a través dun microscopio
- Tipos de redes
- Triaxe de peixiños e medición co ictiómetro
- Observación dunha maqueta de otolito e outra de mandíbula de tiburón

No hay comentarios:
Publicar un comentario