Comezamos cos nosos Contavenres na hora do recreo. Este ano abrimos a posibilidade de que as familias tamén acudan a contar ou representar un conto con diferentes técnicas ( monicreques, kamishibai, teatro de sombras, representación, conto debuxando, relato oral, …). Se queredes participar escribide ao correo da biblioteca bibliomistos@gmail.com comunicando a vosa dispoñibilidade.
Hoxe representa o conto de Corre, corre cabaciña, alumnado de 6º de infantil A.
No hay comentarios:
Publicar un comentario