Comezamos cunha semana de celebración no cole para festexar o mes do libro. Durante esta semana todos os cursos, por quendas, participarán nunha xornada en torno aos libros, chamada “Escolle a túa propia aventura”. Onde poderán gozar coas seguintes propostas:
Lectura de contos entre eles. Un conta e o outro escoita e viceversa.
Crea historias
Co croma e a Tablet sacarán fotos aos seus compañeiros/as como se estivesen nos distintos escenarios dun conto.
Adiviña contos
Escoitaremos un anaco dunha canción relacionada cun conto, deben adiviñar de que conto se trata.
Anima a ler
Primaria: Chapas: Creación dun debuxo ou slogan animándo a ler para facer con el unha chapa do Día do libro.
Primaria: Chapas: Creación dun debuxo ou slogan animándo a ler para facer con el unha chapa do Día do libro.
Infantil: Caretas de conto: Crearán a careta dun dos personaxes de conto.
Teatro
Como fin da xornada, asisitirán a unha obra de teatro representada polo alumnado de 6º curso.
O VENRES 23, como acto final, baixaremos todo o cole ao patio na última sesión co noso conto favorito (ou ben da casa ou da clase) e sentados en círculos cos nenos/as do seu círculo poderán ensinarllo aos demais, falar del ou simplemente ter un momento de lectura silenciosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario