O alumnado de 4º de Primaria está a participar nunha actividade de sensibilización ambiental patrocinada polo grupo empresarial EROSKI VEGALSA, "Unha árbore, unha historia".
A actividade inclúe un concurso de relato curto que os nenos e as nenas están a elaborar de maneira individual, basándose no conto "Unha árbore na escola".
Hoxe puidemos contar coa presencia de Antonio Sandoval, autor do conto, que lles explicou cal foi a orixe da historia do conto e ademais deulle pequenos consellos para poder facer os relatos para o concurso. Os rapaces e as rapazas estiveron encantados de poder escoitar todo o que lles contaba. Aquí tedes unha pequena mostra da actividade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario