VI RECITAL DE POESÍA
Esta semana puxemos o broche final o mes da poesía, cun recital poético.
Cada clase preparou as súas poesías e recitounas no festival.
Os de 6º crearon dous poemas adicados a nosa cidade "Mar do Orzán" e "Praia de San Amaro", os de 3º recitaron os centóns inspirados nas poesías de Rosalía de Castro e tamén escoitamos poemas de Manuel María, Antonio Machado, Concha Blanco,Celso Emilio Ferreiro...
Foron unhas xornadas poéticas moi, moi emocionantes.
Manuel María tamén foi o autor das poesías que recitaron os nosos alumnos pola megafonía nos saúdos e despedidas de toda a semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario