Hoxe é o día de Samaín, festa tradicional celta na que se celebraba o paso do verán ao inverno.
O equipo de Dinamización lingúistica e o de Biblioteca, coa colaboración de todo o equipo de mestres, organizamos varias actividades para celebrar este día.
- Exposición de cabazas. Os nenos e nenas trouxeron das súas casas moitísimas cabazas decoradas que adornaron o vestíbulo do colexio, a biblioteca, os corredoiros...
- Exposición de froitos de outono. Encóntrase no vestíbulo, nela podemos atopar: mazorcas de millo, uvas, landras, abelás, noces, mazás, setas...
Moitísimas grazas pola colaboración das familias.
- Adiviñas. Na entrada do colexio, cada día, hai unha adiviña.Todos os rapaces e rapazas pensan moito e discuten nas clases para ver quen foi quen de adiviñala.
- Festival de Samaín.Disfrazámonos, recitamos conxuros, cantamos, bailamos e representamos dúas pequenas obras de teatro. Asustámonos moito mais tamén nos divertímonos.
Feliz día do SAMAÍN.
miércoles, 31 de octubre de 2012
LAURA GALLEGO, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
A escritora valenciana Laura Gallego foi premiada co "Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil" polo seu libro "Donde los árboles cantan", unha novela fantástica.
Autora de libros como: "Finis Mundi", "Memorias de Idhún", "Sara y las goleadoras", "Alas de fuego", "Alas negras"...

Laura Gallego, nas súas novelas épicas, condúcenos por mundos máxicos cheos de seres fantásticos.
Noraboa, Laura.
miércoles, 24 de octubre de 2012
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
A biblioteca do colexio non para.
Todos os rapaces e rapazas do colexio puideron ver como quedou logo da reforma que se fixo durante o curso pasado.
Agora xa todos saben donde están os seus libros favoritos.
O equipo de biblioteca solicitou axudantes de biblioteca e temos tantas solicitudes que teremos que facer quendas!!
Estamos encantados!!
Hoxe celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES". Para celebralo os nenos e nenas maiores do colexio foron por todas as clases e presentáronlles aos demais algúns dos libros que hai na biblioteca e invitáronlles a que fosen a velos a biblioteca. Aquí podedes ver unhas fotos da actividade.
Bibliomistos espéravos con impaciencia!!
Todos os rapaces e rapazas do colexio puideron ver como quedou logo da reforma que se fixo durante o curso pasado.
Agora xa todos saben donde están os seus libros favoritos.
O equipo de biblioteca solicitou axudantes de biblioteca e temos tantas solicitudes que teremos que facer quendas!!
Estamos encantados!!
Hoxe celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES". Para celebralo os nenos e nenas maiores do colexio foron por todas as clases e presentáronlles aos demais algúns dos libros que hai na biblioteca e invitáronlles a que fosen a velos a biblioteca. Aquí podedes ver unhas fotos da actividade.
martes, 23 de octubre de 2012
DÍA DA BIBLIOTECA
Desde hai uns anos, o día 24 de outubro celébrase o "Día da biblioteca escolar". Nós ímolo celebrar.
A Asesoría de bibliotecas escolares, como todos os anos, apoia esta iniciativa. O lema deste ano é "A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro".
Esperámosvos a todos na nosa biblioteca!
domingo, 21 de octubre de 2012
OS XOGADORES DO BARÇA, TAMÉN LEN
O F.C. Barcelona crea un club de lectura para todos os seus xogadores de base.
Eles si que saben. Se queres saber mais preme aquí
jueves, 4 de octubre de 2012
XA CHEGÁSTEDES!!!
Comenzamos un novo curso. Logo de todos os cambios que se produciron na biblioteca no curso pasado, esperamos que todos podades disfrutar e aprender moito nela.
Bibliomistos, a mascota da biblioteca, está esperándovos con impaciencia, non podía mais e escribiu unha mensaxe para todos vós.
Por fin chegades, parecía que nunca abrirían a Biblioteca.
Que contento estou!!!
A pesar de estar eu soíño, divertinme moito en vacacións, fun a París, Roma, Londres...
C'est merveilleux!
É marabilloso!
It's wonderful!
Incluso aprendín idiomas!
Ah... estes libros de viaxes son marabillosos, parece que estás alí!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)