jueves, 25 de febrero de 2016

BIBLIOMISTOS POLA CORUÑA

Nesta semana tan especial o reto vainos levar a un lugar moi coñecido da nosa cidade, non si?


Esperamos as vosas fotos.
 Ah, recordade que todas as fotos están expostas no vestíbulo e nas escaleiras do noso cole. Vide a velas.


miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.


Durante toda a semana estivemos a realizar diversas actividades para esta conmemoración.
Creamos cendóns coa obra de Rosalía, podedes lerlos  na porta da biblioteca, alí están expostos.






Escribimos e decoramos unhas tarxetas postais, deseñadas por Pepe Barro.Esta actividade realizouse en moitos colexios de Galicia seguindo unha proposta da AELG.


 Cada rapaz e rapaza decoraron e escribiron  unha postal para un compañeiro.



Este é o buzón que colocamos  no vestíbulo.O mércores, os axudantes de biblioteca transformáronse en carteiros e repartiron as postais por todo o colexio.






Pintamos a Rosalía




Seguiremos contando outras actividades.

miércoles, 17 de febrero de 2016

Día de Rosalía

Toda a rapazada recibiu un carta de Bibliomistos, na que os invita a homenaxear a Rosalía de Castro.



Aquí tendes de novo a carta.
Esperamos con impaciencia os vosos centóns.


A Coruña 16 de febreiro do 2016

Ola rapaces e rapazas: 

Teño que darvos as grazas por todas as máscaras que trouxéchedes para á biblioteca, que ben debuxades!  aínda que vos confeso que algunhas son arrepiantes.
Sabedes que se celebra o día 24 de febreiro?
Si, tedes razón. Celebramos o nacemento de Rosalía de Castro.
Agora quero invitarvos a que participedes nunha nova actividade.
Sabedes o que é un “centón”?
Un centón é unha estrofa de varios versos para homenaxear a un autor. No día de Rosalia  queremos homenaxeala coa creación de centóns.
E como facemos?
Moi fácil. Escollede varios versos de distintas poesías de Rosalía, escribídeas facendo un poema e traédeas á biblioteca.
Quedarán expostas na entrada da biblioteca.
Animádevos

Bibliomistos

domingo, 14 de febrero de 2016

SAN VALENTÍN

Poemiña para namorar a unha rosa

A rosa rosiña                                                               

está na roseira

ben coloradiña

feliz e riseira !


A rosa rosada

de tanto lucir

a mesma alborada

a pode ferir.


A rosa rosiña

está no rosal:

ti queres ser miña,

rosiña lanzal ?  


A rosa rosada

de tanto mencer,

é tan delicada

que pode morrer !


Para rosa rosiña

fachenda de maio,

incluso é espiña

a flor dun salaio !


A rosa rosada

xa é miña amiga:

quedou namorada

con esta cantiga !

 

 

Manuel María

Obra poética completa


Bibliomistos pola Coruña

DÍA DO CONTO: UNHA VELLA TIÑA UN CAN

"Unha vella tiña un can debaixo da cama onde ela durmía e o can ladraba e a vella dicía: —Malos demos te leven, ou, can Que mal agradeces o pan que che dan."
"Unha vella tiña un gato debaixo da cama onde ela durmía e o gato miañaba e o can ladraba e a vella dicía ... "
Raúl, Yomara, Yanira, Noa, Leire, Irene, Alma, Daniela, Juan, Saray, Alicia, Michelle de 3ºB, deleitáronnos este venres, con este conto tradicional galego adaptado por Xosé Ramón Mariño Ferro e ilustrado por Cesáreo Varela, .
Moito traballo detrás: caretas, lecturas, ensaios....pero PAGA A PENA!!!!









E aquí deixámosvos o traballo feito polas rapazas e rapaces do Museo do Pobo Galego no que, tamén, podedes escoitar a canción do conto feita por Mamácabra.

lunes, 8 de febrero de 2016

Entroido

O venres celebramos o Entroido. Os nosos rapaces e rapazas disfrazáronse de traballos relacionados co noso porto: pescadores, mariscadores, peixes; o noso gran pintor Urbano Lugris e non faltaron os seguidores do Basquet Coruña e o Deportivo. Divertímonos moito no desfile e rematamos coa degustación de sobremesas tradicionais galegas.

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración, sen a vosa axuda o Entroido non sería o mesmo.

miércoles, 3 de febrero de 2016

"Bibliomistos pola Coruña"

Estamos en tempo de Entroido.
O Entroido é unha festa que se celebra moito na nosa cidade. Teremos concursos, desfiles,comparsas, enterro da sardiña na praia de San Amaro,... a mais tradicional e popular son os " choqueiros".
Bibliomistos pídevos que as vosas fotografías sexan en 



e mellor se estades disfrazados.
Animádevos!!


martes, 2 de febrero de 2016

ENTROIDO

O próximo día 2 de febreiro comeza a celebración do Entroido.
Hai moitos libros onde podedes atopar información sobre esta celebración da chegada da primavera e as tarefas agrarias.



Na biblioteca podedes atopar o libro CD-DVD de  Paco Lamas titulado "Brinca vai" con ilustracións de David Pintor que contén divertidas cancións e xogos.



Aquí tedes unha mostra: O antroideiro


lunes, 1 de febrero de 2016

A PAZ


Hoxe celebramos o "Día da Paz"
Durante a mañán, realizamos diversas actividades nas clases.
 No recreo, na biblioteca, Lucía, Diego, Marcos, María e Ruth coa colaboración de Belén e Mª Carmen, as mestras de inglés, contáronnos "What does peace feel like?"

Mais tarde todos xuntos bailamos, cantamos, dimonos apertas,... ao ritmo da"Rumba das apertas"


Paz 2016 - Kizoa Movie Maker
Podedes ver nos vídeos o ben que bailamos

DÍA DO CONTO: WHAT DOES PEACE FEEL LIKE?

O noso conto para o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, foi elixido polas mestras de inglés, Carmen e máis Belén; "WHAT DOES PEACE FEEL LIKE?" escrito por Vladimir Radunsky, e lido por Diego, Ruth, María, Lucía e Natalia de 5º e 6º de primaria.



Este precioso libro de imaxes contén citas de estudantes de primaria dunha escola internacional en Roma. Traballa tanto os cinco sentidos coma unha mensaxe contra a guerra. Ao texto, acompáñanlle ilustracións que mostran un gato e un can acurrucados xuntos nunha gran cesta, que falan entre eles...
"¿Cómo che parece que é a paz? "Como algo fermoso que vai máis lonxe, pero vai volver". Paz soa coma "gotas de chuvia que caen. . . coma voces cantando. "A paz ten un sabor como a xeado, ten moitos sabores...."

Se queredes xogar un pouquiño e practicar o voso inglés, aquí deixámosvos un xogo lim deste conto.


E tamén algunhas fotos do contacontos do venres....