O pasado venres, tivemos a sorte de ter unha visita moi especial: o fotoperiodista Javier Bauluz, e a periodista Patricia Simón. Tanto o un como outro enfocan o seu traballo cara a loitar polos Dereitos Humáns. Proba de iso é o seu periódico dixital "Periodismo Humano".

Explicáronos o importante que é loitar contra a xenofobia que cada día está crecendo máis e máis. E dixéronos cal é a mellor mediciña.....A EMPATÍA!!! poñerse no lugar dos outros e percibir o seu sentir.
E, xa pola tarde, foi o tempo dos maiores. E describiron as súas experiencias na nosa fronteira sur, Melilla, e o camiño a pé que fixo Javier coas persoas desprazadas en situacións límite, desde Lesbos ata Alemaña; e explicaron as políticas e prácticas dos medios de comunicación internacionais en torno a esta crise humana. A súa intervención deu lugar a un animado coloquio posterior, no que houbo un sentir común: "poñámonos a traballar para que a xenofobia non avance"
Gracias Patricia. Gracias Javier. Lembrarémosvos sempre.
Aquí deixámosvos un vídeo resumo de toda a xornada que compartimos con eles.