viernes, 22 de diciembre de 2017
miércoles, 13 de diciembre de 2017
GUIA DE LECTURAS PARA O NADAL
Dende o equipo de biblioteca queremos aproveitar estas datas para recomendarvos algúns títulos e novidades editoriais que vos van a encantar. Aparecen divididos por idades para que vos sexa máis sinxelo a súa busca.
Non esquezades engadir un libro na vosa carta aos Reis Magos!
E xa de paso...desexarvos unhas Felices festas e unha boa entrada no ano novo!
Non esquezades engadir un libro na vosa carta aos Reis Magos!
Powered by
Issuu
Publish for Free
domingo, 10 de diciembre de 2017
Feira científica
Este martes 5 de decembro tivo lugar a I Feira científica do colexio, e agardamos que non sexa a última. Unha divertida forma de aprender xogando e despedirnos do mes da ciencia. Non é maxia, é ciencia! Preparados para sorprendervos!
Ti, que participaches ou a visitaches...deixa o teu comentario e dinos que che pareceu a experiencia, cal foi o momento máis divertido, que experimento che deixou abraiado, ...
Contacontos Trinketrinke en Infantil
Os ratiños de biblioteca Fuco e Lilí visitaron o noso cole! Contaronnos contos de nenos/as e contos de ratiños/as, ensinaronnos cancións, dramatizaron historias, sacaron ás nosas profes a actuar, cantaron e bailaron con nós, e mesmo troxeron un acordeón. Que sorte tivemos! Feliz viaxe de volta ao voso pais Lonxedetodo, ratiños!











Contacontos nas aulas
A hora de lectura favorece o movemento dos alumnos/as polas diferentes aulas para gozar da lectura acompañado de alumnado doutros cursos, coñecer a este e favorecer a convivencia do centro.
Deixovos fotos dalgúns destes contacontos interclases.
Manuel de 5ºA visitou a clase de 1º B.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)