viernes, 29 de marzo de 2019

Contacontos coas familias

Nesta ocasión recibimos á familia de Mia para escoitar o conto de Once damas atrevidas, que aínda que xa o coñeciamos, encántanos ir contando cantas damas quedan. Nesta ocasión puidemos ver como as damas ían desaparecendo. Que chulada de contacontos! Gracias familia!

lunes, 25 de marzo de 2019

Visita á biblioteca de Monte Alto

Fai unhas semanas os nenos e nenas de 4 anos recibiron un paquete da Biblioteca de Monte Alto, que a maioría xa coñecedes. Era de Tecelá, unha ovelliña que quería saber que era iso de rapar a la das ovellas. Mandounos un anaquiño de la e un par de libros. Cando tivemos a resposta acudimos rápidamente a biblio do noso barrio a explicarlle e axudarlle á ovelliña. Alí puidemos coñecela, aprender a diferencia entre libros de información e de ficción, coñecer as etiquetas da biblio, a súa organización, e mesmo ollear contos. A maoría xa somos socios da biblio pero os que non levaron o papel para poder solicitar o carné. Que misión máis divertida!





   
 






sábado, 23 de marzo de 2019

Xornada de Formación

A biblioteca do noso cole participa dende fai anos no PLAMBE, plan de melloras escolares das bibliotecas educativas, o que nos permite estar a última tanto en fondos como en dotacións. Para mellorar día a día a xestión da nosa biblio e poder ofrecervos a maior cantidade de recursos e calidade de actividades o noso profesorado asiste con continuidade ás formacións ofertadas pola asesoría. Onte foi unha delas. 

Representación de poesías

O xoves 21 tivemos a sorte de recibir a Alba, a mamá de Lucas de 4 anos que nos fixo unha representación dunha poesía coñecida por todos "Paxariña" e nos ensinou como se debuxa a poesía da man de Gloria Fuertes. Un pracer para os pequen@s!




jueves, 21 de marzo de 2019

Avós que cantan poesía

No tempo de entroido acompañounos o avó de Ana, que pertence a unha das comparsas de Monte Alto para ensinarnos a canción que compuxeron para este ano e tocarnos un descoñecido instrumento para eles. Foi moi divertido intentar facer que soara e escoitar a entroideira letra. E para rematar, nada máis típido do Entroido, unhas serpentinas que nos trouxo de agasallo. Grazas por compartir con nós esta aventura!



miércoles, 20 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

Todos os nen@s do cole xa están preparando o recitado das súas poesías. Tanto das que inventaron como das que memorizaron para conmemorar este día. Debido a planificación das saídas do centro temos que pospoñer o PADRIÑAMENTO POÉTICO para o vindeiro luns 25.

Horas de ler en familia

O pasado xoves recibimos a visita dunha das mamás de 1º para contarlles este conto Pastel para enemigos. Qué divertido!


domingo, 10 de marzo de 2019

8 de marzo; Día da muller

Para conmemorar este día o alumnado do centro elaborou un abecedario con nomes de mulleres que abriron camiño ao longo da nosa historia. O mural está na entrada do colexio, podedes poñerlle voz usando a tablet ou o móbil coa app HP Reveal. Pois para cada imaxe os nenos/as de cada un dos cursos gravaron un pequeno audio en inglés falando sobre a muller que elixiron. Non perdades a oportunidade de escoitalo!


Resumo da xornada de Entroido


Video Actividades do English´s day