viernes, 31 de mayo de 2019

Despedida de Saba

Hoxe despedimos con moita pena a nosa  auxiliar de conversa, Saba. Un pracer poder contar contigo. Ata pronto!
Achégase o final de curso e con el o tempo de facer reconto. Dende o equipo de biblio queremos agradecer a participación do noso voluntariado que axudou ao funcionamento da nosa biblioteca. 
Tamén agasallaremos a aquel alumnado que máis libros levou en préstamo de cada un dos ciclos. Estade atentos ao taboleiro da biblioteca no que publicaremos data de entrega e premiados. 

miércoles, 29 de mayo de 2019

Teatro intercentros

O luns recibimos a visita do alumnado da escola infantil veciña, para presentarnos a obra de teatro que prepararon este curso: A que sabe a lúa?




lunes, 27 de mayo de 2019

Bolsas de préstamo para infantil

Este curso comezamos a realizar o préstamo de libros aos fogares a través das bolsas laranxas de préstamo de libros. Cada semana cambian os contos, disfrutando dun tempo de lectura en familia e/ou en contacto cos libros.


VISITA DA ESCRITORA CRISTINA CORRAL

Cristina Corral Soilán visitou hoxe a nosa biblioteca Bibliomistos para falarnos do seu libro
“De Paseo con Crunia” co que os nenos e nenas de 2º de Primaria  estiveron traballando ao longo deste curso.

Neste encontro, a xornalista, graduada en Educación Primaria e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela e a Universidade de Santiago de Compostela  respectivamente, leu un fragmento deste libro e foi entrevistada polo alumnado para coñecer  a súa vida e a súa obra literaria.






miércoles, 22 de mayo de 2019

Contos en familia: El correo del Dragón e Le pondremos un bigote?






Música e cultura galega

Os mandadiños do Meco chegaron cargadiños de música e tradición. Rapaces e rapazas de diferentes cursos foron os encargados de transmitílos e como non o noso xenial gaiteiro, xa coñecido por tod@s! Un gran artista.





 E aquí o resultado dos mandadiños, galegos e galegas do século XXI!


Museo do pobo galego

E así de interesante quedou o MUSEO DO POBO GALEGO que realizamos coas aportacións das familias. Preciosas fotos que contan historias. Grazas por participar das nosas propostas!

Gaiteiros na Semana das letras galegas: EDUARDO BAAMONDE E MARTÍN MERA QUINTAS

Como colofón a semana das letras galegas celebradas no noso centro, o xoves 16 recibimos a visita dun gaiteiro EDUARDO BAAMONDE que tocou entre outras cancións, o himno galego xunto cun dos seus alumnos da escola de música, Martín Mera Quintas, que é tamén alumno do nose centro, cursa 1º de Primaria.




EDUARDO BAAMONDE é un músico da Escola Municipal. Toca, ademais da gaita, outros instrumentos de vento como o saxo e a frauta e ademáis está a facer un traballo de investigación sobre a percusión e o folklore galego. Se queredes coñecer máis sobre el podedes visitar o seguimte enlace https://percusiongalega.com/acerca-de/


 Eduardo pasou un anaco con algúns dos cursos para ensinanrnos a facer ritmos con cunchas e a soprar a gaita. Un pracer poder contar cun profesional como el. Deica outra!

Teatro en inglés

Por segundo ano consecutivo, dado o gran éxito do primeiro, convidamos a compañía inglesa:  The Face 2  Face Theatre Company para disfrutar de dúas das súas obras educativas. Neste caso Jack and the Giant para os máis pequenos e Tarzan para os maiores. Espectacular!