viernes, 22 de noviembre de 2024

Contavenres

 Comezamos cos contavenres este curso, da man de estas dúas alumnas de 3º de primaria. Esperámosvos na biblioteca o vindeiro Venres 29 de novembro na hora do recreo. 



25 N

 Recopilación de libros para traballar o 25 de novembro co noso alumnado. Xunto coa cartelería da diputación de A Coruña, co lema “Corta coa violencia”. Este será o noso punto lila.


Algunha outra recomendación? 


martes, 19 de noviembre de 2024

Musicalización

O alumnado de 5º musicalizou este corto de Disney con instrumentos e obxectos cotiás cos axuda da auxiliar de conversa para os diálogos.



 

Club de teatro en inglés

 Esta semana comeza tamén o Club de teatro en inglés na hora de ler, na biblioteca. 📚🎭.Cada grupo dividirase en catro equipos: actores, encargados do decorado, vestiario e música. 🎭🎨👗🎵 Xuntos poñerán en conxunto os seus talentos. 

Martes: 1º, 3º e 5º.

Xoves: 2º, 4º e 6º.

Taller de lettering

 Para inaugurar o novo recuncho de arte da biblioteca, dúas alumnas de 6º impartirán un taller de lettering de 3 sesións de duración nas horas de ler. Se queres asistir, apúntate axiña na cortiza da entrada. 


Mes da ciencia en galego


 Durante o mes de novembro atoparedes estes recunchos científicos na biblio. Animádevos a descubrilos! 




 




 

lunes, 11 de noviembre de 2024

Magosto

 Polo San Martiño, castañas asadas e trompos ao camiño. 

Día de xuntanza para desfrutar das castañas e de música tradicional galega.




Mochilas viaxeiras

 O venres saíron as mochilas viaxeiras do cole para as casas do alumnado de Educación Infantil. Ao longo do ano irán recorrendo todas as vivendas, achegando un pouquiño da nosa biblioteca ás familias. Dentro atoparedes contos en galeg, castelán e inglés, libros sobre a horta, revistas, libros con música, etc


Este ano introducimos como novidade unhas bolsas con xogos de mesa, para compartir en familia e aproveitar os beneficios de esta actividade fortalecendo vínculos.

Agardamos que desfrutedes das propostas!