domingo, 13 de abril de 2014

Cóntame un conto

Esta semana antes das vacacións foi unha semana máxica.
Durante toda a semana, recibimos a visita das nosas familias que viñeron a encher a nosa "Hora de ler" de fantasía.
Pola biblioteca e a aula de 5anos pasaron:
María, a nai de Guille, contounos "365 pingüinos"


Voamos con Eva, a nai de Xan, e o libro "Jake, la gaviota verde"


A avoa de Mario, fixonos pensar co conto "¿Me perdonas?"

Lorena e Olga, as nais de Elba e Ignacio, contáronnos unha historia moi emocionante "O xigante egoísta"

 
Moitas grazas a todas por eses momentos tan marabillosos.

Os tres bandidos

Que medo pasamos hoxe!!
Alba, coa axuda de varios compañeiros, contounos o conto "Os tres bandidos"
Maker/d9700233k9029432o2/os-tres-bandidos"><b>Os tres bandidos</b></a> - <i><a href="http://www.kizoa.es">Video Maker</a></i></div>


Xa vedes que ao final divertímonos moito.

domingo, 6 de abril de 2014

El traje nuevo del emperador

  Imaxinádevos un rei desfilando ante os seus súbditos ESPIDO.

Eso foi o que fixeron o venres os neno@s no "Día do conto".

Uxía, Alba e Lucía contaron o conto de Hans Christian Andersen "El traje nuevo del emperador".

viernes, 4 de abril de 2014

Cóntame un conto

Xa temos aquí o "Mes dos libros"
Como os anos anteriores, comezamos unha das actividades mais gratificantes que organizamos desde a Biblioteca: "Cóntame un conto"
Na "Hora de ler" acompañounos José, o avó de Pablo.
Con él iniciamos unha viaxe que durará os meses de abril e maio.



martes, 1 de abril de 2014

La sirenita

Este venres comezamos a nosa particular homenaxe a Hans Christian Andersen.
Lucía, de quinto curso, contounos este precioso conto no "Conto do venres".
Todos nos mergullamos no fondo do mar e sentímonos como auténticas sereas.


















Moitas grazas Lucía

ENCONTROS DOS CENTROS ESCOLARES DO PLAN DE MELLORA

O venres 28 celebráronse en Santiago os "Encontros dos centros escolares do Plan de Mellora de bibliotecas escolares de Galicia.

Os poñentes dos Encontros foron  Inés Miret, experta en biblioteca ,  Antonio Rodríguez de las Heras , Catedrático de la Universidad Carlos III de Madrid, investigador en cultura e tecnoloxía, e  Jorge Mira físico, investigador e divulgador científico.
Tamén é unha excelente plataforma para o intercambio de experiencias entre as distintas bibliotecas.

Se queredes ver as presentacións premede aquí

Jacobo Fernández Serrano


O venres pasado recibimos unha visita moi especial, estivo connosco JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.
 Aos nenos encantoulles Marcopola, xa coñecen "As orixes de Marcopola" e "Os piratas da lúa" e están desexando que publiquen mais historias.
                                                            


 
Podedes ver mais fotos
Moitas grazas Jacobo, pasámolo fenomenal!
Ata pronto!