jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO EXPERIMENTO: FRICCIÓN ESTÁTICA

 Para conmemorar a Semana do Libro que estamos a celebrar esta semana, Arturo, o mestre de 6ºB, xunto con Álex Jiménez, prepararon unha experiencia cos libros como protagonistas.



Quen tivo máis forza?
Arturo, Álex 
ou os libros???



Por máis que tiraron e tiraron....
e pideron axuda....



Sabedes o que pasou??





miércoles, 22 de abril de 2015

DÍA DO EXPERIMENTO: REACCIÓNS QUÍMICAS

Mesturamos un pouquiño de vinagre, unhas pastilliñas efervescentes, un globo.....e......
TACHÁN!!!!

O GLOBO MÁXICO!!!!

HUGO, 
MIGUEL, 
BRAIS,
JOEL e 
IGNACIO
de 1ºA, demostráronnos como podía incharse un globo sen necesidad de soprar.










lunes, 20 de abril de 2015

SEMANA DO LIBRO 20-24 ABRIL

Como xa sabedes ésta é a Semana do Libro no cole. Ímos facer moitas actividades ao longo da semana, non só o Día do Libro (xoves 23 abril).
As actividades vanse desenvolver na hora de ler, agás o experimento con libros que vai ser no recreo.
Deixámosvos aquí o programa da semana.

  1. LUNS: Teatro de sombras "PÉTALA" Ed. Kalandraka, 1º ciclo de primaria
  2. MARTES: Teatro de sombras "PÉTALA", 3º ciclo de primaria.
  3. MÉRCORES: "Los porqués de la ciencia con el Dr. QUESÍ y el Dr. QUENO", 2º ciclo primaria
  4. XOVES: Apadriñamento lector. Todo o colexio.
  5. VENRES: Teatro lido: "Juicio al lobo", Infantil.
Tamén ao longo do mes de abril e maio ímos celebrar o noso mes de CONTOS EN FAMILIA, para que todos aqueles que queirades vir a contar contos aos vosos rapaces podades facelo.
Moitas grazas anticipadas a todos

DÍA DO CONTO: LA PULSERA DE LA SIRENA

Marta de 6º de primaria xa é unha das nosas habituais nesto de contarnos contos, e xa llo din ata os pequerrechos do cole!!

Desta vez elixiu un libro seu que ten desde que era pequena que aínda hoxe en día non sabía que tiña algunha páxina escondida....

Axudáronlle a ler as cartas da sirea e de Ana, a nena protagonista, María e Ruth de 4º de primaria.

Gracias a todas por participar!!!!








"Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar"


As Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o 
Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes.

                      O libro que tes ao lado
 O capitán Nemo non era home de amores, pero algo novo abroiou nel cando Morgana chegou.
 Había anos que xa non pilotaba o Nautilus, ultimamente prestárallo ao Principiño para ir explorar novos planetas no fondo dos mares. O Principiño tiña facilidade para atopar planetas nos sitios máis insospeitados. Só puxo dúas condicións: que devolvera o submarino co depósito cheo, e que lle quixera. Ás naves hai que querelas para gobernalas como é debido. Agora nada sabía do seu destino, pero chegaran noticias pola Sereiña de que librara ben do pirata Barbanegra. Nemo vivía tranquilo naquel andel dunha biblioteca con Morgana ao seu carón. Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar.

María Solar


Nós tamén imos celebralo no colexio con varias actividades: lecturas en familia, apadriñamento lector, contos...
Seguiremos contando.
Que disfrutedes coas lecturas

miércoles, 15 de abril de 2015

DÍA DO EXPERIMENTO: ELECTRICIDAD ESTÁTICA E MAGNETISMO

Yomara e Janira de 2º de primaria, animáronse a facer uns experimentos sobre a electricidade estática e o magnetismo.

ELECTRICIDADE ESTÁTICA: Utilizaron un globo, uns papeis pequeniños e o seu brazo para facer fricción.

MAGNETISMO:
Utilizaron un imán, dous alfileres, e dous pececiños de cartolina. 










sábado, 11 de abril de 2015

DÍA DO CONTO: O SEÑOR CORPO QUERE XOGAR

O señor Corpo quere xogar, quere moverse, quere brincar. Dona Cabeza vaille axudar, os ollos terán que mirar, a boca falar, as orellas escoitar, coas pernas camiñar e cos pés andar. E que fará o señor Corpo cos brazos, coas mans, co cuíño…?

Toooodo isto fixemos cos nosos corpos o venres na biblio.
Ata bibliomistos quixo xogar!!!!