miércoles, 3 de febrero de 2016

"Bibliomistos pola Coruña"

Estamos en tempo de Entroido.
O Entroido é unha festa que se celebra moito na nosa cidade. Teremos concursos, desfiles,comparsas, enterro da sardiña na praia de San Amaro,... a mais tradicional e popular son os " choqueiros".
Bibliomistos pídevos que as vosas fotografías sexan en 



e mellor se estades disfrazados.
Animádevos!!


martes, 2 de febrero de 2016

ENTROIDO

O próximo día 2 de febreiro comeza a celebración do Entroido.
Hai moitos libros onde podedes atopar información sobre esta celebración da chegada da primavera e as tarefas agrarias.



Na biblioteca podedes atopar o libro CD-DVD de  Paco Lamas titulado "Brinca vai" con ilustracións de David Pintor que contén divertidas cancións e xogos.



Aquí tedes unha mostra: O antroideiro


lunes, 1 de febrero de 2016

A PAZ


Hoxe celebramos o "Día da Paz"
Durante a mañán, realizamos diversas actividades nas clases.
 No recreo, na biblioteca, Lucía, Diego, Marcos, María e Ruth coa colaboración de Belén e Mª Carmen, as mestras de inglés, contáronnos "What does peace feel like?"

Mais tarde todos xuntos bailamos, cantamos, dimonos apertas,... ao ritmo da"Rumba das apertas"


Paz 2016 - Kizoa Movie Maker
Podedes ver nos vídeos o ben que bailamos

DÍA DO CONTO: WHAT DOES PEACE FEEL LIKE?

O noso conto para o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, foi elixido polas mestras de inglés, Carmen e máis Belén; "WHAT DOES PEACE FEEL LIKE?" escrito por Vladimir Radunsky, e lido por Diego, Ruth, María, Lucía e Natalia de 5º e 6º de primaria.



Este precioso libro de imaxes contén citas de estudantes de primaria dunha escola internacional en Roma. Traballa tanto os cinco sentidos coma unha mensaxe contra a guerra. Ao texto, acompáñanlle ilustracións que mostran un gato e un can acurrucados xuntos nunha gran cesta, que falan entre eles...
"¿Cómo che parece que é a paz? "Como algo fermoso que vai máis lonxe, pero vai volver". Paz soa coma "gotas de chuvia que caen. . . coma voces cantando. "A paz ten un sabor como a xeado, ten moitos sabores...."

Se queredes xogar un pouquiño e practicar o voso inglés, aquí deixámosvos un xogo lim deste conto.


E tamén algunhas fotos do contacontos do venres....










lunes, 25 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

O día 30 celebraremos o "Día da Paz".
Neste día reflexionaremos sobre o que significa esta celebración, na nosa casa, no colexio, na cidade , nos lugares en guerra,..
Manuel María escribiu esta "Oda á perfección deste mundo" estaría moi ben que fose unha realidade.


Que sorte e que alegría
 vivir neste mundo
tan ben feito,
tan xusto e tan feliz.

Neste mundo sen guerras,
sen bombas atómicas,
sen xenreiras,
sen odios,
sen asoballamentos,
sen inxustizas,
sen envexas,
sen explotadores
e explotados.

Neste mundo de comprensión,
de amor,
de axuda ao noso irmao.
Que marabilla vivir
neste mundo equilibrado,
ben mantido,
feliz e xeneroso
no que cada un,
esquecéndose de si mesmo,
se da enteiramente
aos semellantes!

Manuel María

"Odes nun tempo de paz e de alegría"


O CEIP Quintela de Moaña fixo unha selección de poemas pola paz moi interesante, votádelle unha ollada.
No mundo segue habendo diversos conflitos: Sahara, Siria...
No vestíbulo do centro podedes ver unha exposición sobre o conflicto do Sáhara.
Podedes ter maior información en: ACNUR, UNICEF

jueves, 21 de enero de 2016

BIBLIOMISTOS POLA CORUÑA

Logo do descanso das vacacións, imos seguir visitando recunchos encantadores da nosa cidade.
Esta semana gustaríanos que visitedes o lugar no que está esta escultura. Sabedes onde está?



Aquí podedes escoitar unha das súas cancións, que para moitas persoas, é un símbolo de PAZ

domingo, 17 de enero de 2016

Preparando o "Día da Paz"

O próximo día 30 celebraremos o "Día da Paz". Pouco a pouco iremos subindo actividades e recursos para traballar e reflexionar sobre o que representa esta celebración.
Imos comezar con este conto "Me llamo Paz"