miércoles, 3 de febrero de 2016
martes, 2 de febrero de 2016
ENTROIDO
O próximo día 2 de febreiro comeza a celebración do Entroido.
Hai moitos libros onde podedes atopar información sobre esta celebración da chegada da primavera e as tarefas agrarias.
Aquí tedes unha mostra: O antroideiro
lunes, 1 de febrero de 2016
A PAZ
Hoxe celebramos o "Día da Paz"
Durante a mañán, realizamos diversas actividades nas clases.
No recreo, na biblioteca, Lucía, Diego, Marcos, María e Ruth coa colaboración de Belén e Mª Carmen, as mestras de inglés, contáronnos "What does peace feel like?"
Mais tarde todos xuntos bailamos, cantamos, dimonos apertas,... ao ritmo da"Rumba das apertas"
DÍA DO CONTO: WHAT DOES PEACE FEEL LIKE?
O noso conto para o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, foi elixido polas mestras de inglés, Carmen e máis Belén; "WHAT DOES PEACE FEEL LIKE?" escrito por Vladimir Radunsky, e lido por Diego, Ruth, María, Lucía e Natalia de 5º e 6º de primaria.
Este precioso libro de imaxes contén citas de estudantes de primaria dunha escola internacional en Roma. Traballa tanto os cinco sentidos coma unha mensaxe contra a guerra. Ao texto, acompáñanlle ilustracións que mostran un gato e un can acurrucados xuntos nunha gran cesta, que falan entre eles...
"¿Cómo che parece que é a paz? "Como algo fermoso que vai máis lonxe, pero vai volver". Paz soa coma "gotas de chuvia que caen. . . coma voces cantando. "A paz ten un sabor como a xeado, ten moitos sabores...."
Se queredes xogar un pouquiño e practicar o voso inglés, aquí deixámosvos un xogo lim deste conto.
E tamén algunhas fotos do contacontos do venres....
lunes, 25 de enero de 2016
DÍA DA PAZ
O día 30 celebraremos o "Día da Paz".
Neste día reflexionaremos sobre o que significa esta celebración, na nosa casa, no colexio, na cidade , nos lugares en guerra,..
Manuel María escribiu esta "Oda á perfección deste mundo" estaría moi ben que fose unha realidade.
Que sorte e que alegría
vivir neste mundotan ben feito,
tan xusto e tan feliz.
Neste mundo sen guerras,
sen bombas atómicas,
sen xenreiras,
sen odios,
sen asoballamentos,
sen inxustizas,
sen envexas,
sen explotadores
e explotados.
Neste mundo de comprensión,
de amor,
de axuda ao noso irmao.
Que marabilla vivir
neste mundo equilibrado,
ben mantido,
feliz e xeneroso
no que cada un,
esquecéndose de si mesmo,
se da enteiramente
aos semellantes!
Manuel María
"Odes nun tempo de paz e de alegría"
O CEIP Quintela de Moaña fixo unha selección de poemas pola paz moi interesante, votádelle unha ollada.
No mundo segue habendo diversos conflitos: Sahara, Siria...
No vestíbulo do centro podedes ver unha exposición sobre o conflicto do Sáhara.
Podedes ter maior información en: ACNUR, UNICEF
jueves, 21 de enero de 2016
BIBLIOMISTOS POLA CORUÑA
Logo do descanso das vacacións, imos seguir visitando recunchos encantadores da nosa cidade.
Esta semana gustaríanos que visitedes o lugar no que está esta escultura. Sabedes onde está?
Aquí podedes escoitar unha das súas cancións, que para moitas persoas, é un símbolo de PAZ
domingo, 17 de enero de 2016
Preparando o "Día da Paz"
O próximo día 30 celebraremos o "Día da Paz". Pouco a pouco iremos subindo actividades e recursos para traballar e reflexionar sobre o que representa esta celebración.
Imos comezar con este conto "Me llamo Paz"
Imos comezar con este conto "Me llamo Paz"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












