domingo, 11 de marzo de 2018

Horas de ler con irmáns do cole

A hora de ler é un momento máxico na xornada. Tan diferente e especial cada día como o son cada un dos nenos e nenas do noso centro. 
Aquí algunhas fotos de lecturas entre irmáns!















domingo, 4 de marzo de 2018

Día da muller traballadora

A nosa pequena homenaxe as mulleres ven da man do libro recén publicado "Pioneiras", que recolle a biografía de 12 mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes.

Semana da prensa na escola

Comezamos a semana da prensa no CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE. Durante estes días o alumnado de tod@s os cursos traballará con xornais na hora de ler, achegándose a este medio de comunicación como recurso de acceso a información.

Tamén participaremos no Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil que organiza Prensa-escuela A Voz de Galicia todos os anos. http://www.prensaescuela.es/participa/concursos

sábado, 3 de marzo de 2018

Contos en familia na aula de 4 anos b

As familias dos nenos/as de 4 anos visitan a aula para compartir o conto favorito da protagonista da semana. Grazas por vir a compartir este tempo de lectura en familia!



  Marco                                                                                      Nicole





Nico                                                                                                                                                     Sofía









Diana


                                             David

jueves, 1 de marzo de 2018

CONTO OS TRES PORQUIÑOS

O alumnado de 5 anos asistiu a unha sesión de contacontos en inglés con ilustración en directo das páxinas do conto a cargo da auxiliar de conversa do centro. Se queredes ver como quedaron, están expostas na parede da entrada.


miércoles, 28 de febrero de 2018

Contacontos en inglés e en galego


Hoxe o alumnado de 3 anos A tivo a sorte de escoitar un contacontos dobre, da man da avoa e da tía de Lucas.
 A súa tía, Leti, contounos un conto en inglés sobre dous peixiños, con elementos da praia (pedras, cunchas, caracolas,...) e animais (polbo, estrela de mar,...) e mesmo algún animal da xungla ou da sabana que quería colarse neste conto do fondo mariño. Despois ensinounos unha canción cos animais mariños. E aquí as imaxes.

A cotinuación, Merce, engaiolounos co conto "Os petos de Loreto" e un maravilloso mandilón cheo de petos recheos de cousas. Que sorpresa!


                                            

Moitísimas grazas pola vosa visita!

martes, 27 de febrero de 2018

VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

Hoxe o alumnado de 6º curso visitou a Biblioteca Municipal de Montealto para coñecer un pouco máis do seu funcionamento a través dunha búsqueda de información por equipos. Que maiores son xa estes nen@s!