domingo, 13 de mayo de 2018

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR

O 23 de abril celebramos o día do libro coas seguintes actividades:

1. Obradoiro de Marcapáxinas












2. Apadriñamento lector










3. CroosBooking: liberación de libros da biblioteca do cole











4. Exposición das portadas dos nosos contos favoritos
5. Intercambio de titores na hora de ler
6. En Infantil, cambio de clases para escoitar o conto que representa a cada clase

viernes, 11 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

Coma anos anteriores adiantámonos á celebración das LETRAS GALEGAS co noso tradicional RETO DO GALEGO. Proponselle ao alumnado, que voluntariamente queira participar, falar durante dúas semanas en galego, tanto no cole coma na casa.
Para lembrarnos, cada neno/a fai a súa propia chapa personalizada co seu nome e o reto. E cada día cubrimos unha ficha para avaliar se estamos sendo quen de cumprilo.
Aquí vos deixamos as nosas chapas e os nosos rexistros!









Rexistro para infantil.









Rexistro para primaria





É unha actividade moi divertida, que nos gusta a tod@s. E ti, segues o reto?

CONTAVENRES: "CAPERUCITA ROJA"

As alumnas de 2º de Educación Primaria atreveronse a preparar este clásico conto para o alumnado de infantil e primaria.





jueves, 3 de mayo de 2018

VISITA DA ESCRITORA ROSA ANEIROS 4º EP


                                                          A Coruña, 21 de marzo do 2018

              Este día visitounos a escritora galega Rosa Aneiros. Naceu en Valdoviño, Ferrol.
Queriamos facerlle moitas preguntas do seu libro “A batalla da pequena Chañán Curi Coca”. Tiñamos moitas ganas de coñecela e facerlle preguntas do libro. Gustounos moito e queríamos saber en que se inspirara para escribilo.
Contounos que vivirá como ao avó dunha amiga moi querida, o botaron da súa casa para facer "chalés adosados". E resulta que ao final non fixeron nada porque non tiñan cartos para construilas, e quedou todo abandonado, encheuse de silvas, matorrais…Quixo contar o que ocorrera e comezou a historia.
A parte máxica deste conto estivo baseado na súa viaxe ao Machu Pichu, en Perú. Púxonos imaxes, feitas por ela, da selva, da montaña onde está a cidade de Machu Pichu e de restos de templos e pobos dos antigos Incas. As lendas que alí escoitou servíronlle para crear personaxes imaxinarios.
O libro ten moios ditos e expresión simpáticas. Preguntámoslle por una delas: “a todo filispín”. E explicounos  que significa “a toda máquina”. A expresión ven dos rótulos dos barcos que en inglés  poñían “full speed” para indicar máxima potencia. Nesa época  chegaban moitos a Ferrol.
Estivemos encantadíííííííííísim@s de que viñera a falar con nós.
Escribiunos una dedicatoria, firmou os nosos libros e fixémonos varias fotos con ela. Foi estupendo, era moi simpática.
Alumnas e alumnos de 4º









miércoles, 2 de mayo de 2018

Contacontos en familia 3 anos

3 ANOS:
Mamá de Mateo "Te quiero un montón"

4 ANOS Mamá de Sheney

5 ANOS Mamá de Alexia: "El pez Arcoiris"


lunes, 30 de abril de 2018

VISITA DO ESCRITOR EL HEMATOCRÍTICO 1º E 2º EP

Na biblioteca do noso centro escolar @s nen@s de 1º e 2º de Primaria escoitaron e participaron da dramatización que Iago (El Hematocrítico) lles fixo do libro : "Axente Riciños"

 








 





viernes, 20 de abril de 2018

Día do libro

O vindeiro luns 23 de abril conmemorase o día do libro. No noso centro imos a realizar o xa tradicional APADRIÑAMENTO LECTOR. Un tempo no que os máis maiores do cole conpartirán unha lectura cos de menos idade. Apadriñando a un dos seus compañeiros/as por un anaco. É unha actividade moi divertida e que lles encanta.
Xa pensaches que libro vas a ler? E ti, xa estás preparado/a para a historia que che van a contar?

Ademais, este ano imos a facer unha LIBERACIÓN de libros (BookCrossing) da biblioteca escolar. De xeito que podedes achegarvos as mesas da entrada e levar para a vosa casa os exemplares que vos gustaría ler. Porque un libro é un tesouro e que mellor forma de gozar del que compartilo.