martes, 29 de enero de 2019

jueves, 17 de enero de 2019

POESÍAS EN FAMILIA

Como todos os anos abrimos unha vez máis as aulas e a nosa biblioteca as familias. Convidámosvos a participar na actividade de contar nas aulas nas que están escolarizados os vosos fillos/as.

Dado que este ano a temática da biblioteca é POÉTICAS DIVERSAS imos a centrarnos en traballar a poesía. 
As familias que queiran participar elixirán un libro sobre poemas, rimas ou adiviñas para vir a ler á escola.

Para participar so tedes que mandar unha nota ao titor/a e concretar o día que mellor vos veña. En principio realizaranse na hora de ler de 12:00 a 12:20h dende a vindeira semana ata que remate o curso.

Animádevos!

NA BIBLIO ESTAMOS DE ESTREA!

Aproveitamos o comezo do ano para estrear novos espazos da nosa biblioteca. E tamén novos recursos e xogos que fagan este lugar asequible para todo o noso alumnado, en todos os aspectos. Creando unha biblioteca o máis inclusiva posible. Aquí podedes ver as nosas novas adquisicións. Tamén hai novidades para as familias!

 NOVOS ESPAZOS





 O recanto musical: onde escoitar os nosos cd de música favoritos e os nosos contos musicados.








 O espazo maker: dentro do noso recanto trebelleiro. Coa nova parede vertical de legos para poñer a proba a nosa creatividade.




                                                                 NOVAS SECCIÓNS




Sección de libros con pictogramas para facilitar a comprensión e incrementar o vocabulario.







Sección de Leo paso a paso, con libros con letra maiúscula e/ou ligada para primeiros lectores.







NOVOS RECURSOS E XOGOS




Xogos manipulativos, xogos de asociación, de emparellamento, lotos diferenzas, memorys, xogos de maxia, axedrez, quebracabezas, dominó...






                                            NOVOS MATERIAS PARA AS FAMILIAS

Poñemos a disposición das familias que así o soliciten, a través do titor/a, unhas Bolsas de temáticas para ler en familia: sobre a morte, o nacemento dun irmán, os celos, o rato Pérez, o divorcio….
O obxectivo é tratar estes temas dunha forma o máis natural posible de xeito que vos axuden a conversar sobre eles cos vosos fillos/as. Cada bolsa contén unha serie de contos sobre o tema. Poderán permanecer un máximo de 15 días en cada casa, de xeito que poidan chegar a todos os fogares que as soliciten.

                                                             Agardamos que vos gusten!

martes, 11 de diciembre de 2018

BOAS FESTAS!

E este Nadal non nos podemos esquecer do mellor regalo... UN LIBRO! A biblioteca do Víctor López Seoane quere deixarvos as nosas recomendación para este tempo en familia.


Boas festas de parte de todo o Equipo!