viernes, 8 de febrero de 2019

Froita no cole

Esta semana estreamos no cole o noso Recuncho saudable/Healthy corner! Seguindo co proxecto PEVAS e promovendo dende o centro un estilo de vida saudable dende pequenos queremos potenciar as merendas saudables.

Todos os mércores poderás completar a túa merenda cunha peza de froita. Esta semana tocou Mandarina.

jueves, 7 de febrero de 2019

Novidades!

Facendo caso das vosas suxestións do buzón de peticións da biblio, xa tedes os novos exemplares de cómic a vosa disposición na biblioteca!

HORAS DE LER EN FAMILIA

Estas semanas recibimos a:
A Carlos, o avó de Icía de Infantil 4 anos que nos recitou un poema de creación propia sobre o Golfiño Chifrón das praias da Coruña e o querido conto de Cocorico. Encantounos!


 Yolanda, a mamá de Carlota de 2º de Primaria que deixou a todos engaiolados con como contou os contos de Redondo e Todos somos especiales.









A familia de Martín de 3 anos co conto de Maruxa. Conseguiría Maruxa o seu propósito? Seguro que os nenos/as da clase saben como acabou a historia.




GRAZAS A TOD@S POR ACHEGARVOS ATA A ESCOLA!

DÍA DA PAZ

Lazos con mensaxes de paz coa axuda das familias, unha canción roqueira e inventada "Rompe coa violencia" polos nenos/as e moitas ganas de exaltar a amizade neste 30 de xaneiro.

.

miércoles, 6 de febrero de 2019

Poesías en familia en 3º de primaria

A nai de Sabela achegouse a compartir con nos este tempo de lectura, e como vedes enganchounos e saímos a recitar con ela. Grazas por acompañarnos!



martes, 29 de enero de 2019

PROXECTO CANADA NO ENGLISH DAY

Estamos preparando unha xornada de xogos e probas en equipo sobre CANADA, celebrando o ENGLISH DAY no cole. Refrescade os vosos coñecementos, porque pronto os poñeredes a proba.
Próximamente teredes máis noticias canadenses.

Poesías en familia: primeiras visitas

Hoxe recibimos a Cuca a avoa de Clara que nos recitou un fermoso poema e nos contou o xa coñecido conto de Carlos Casares, A galiña azul. Con debate posterior incluído sobre os ovos de cor azul. Un pracer poder contar con vos!