jueves, 2 de mayo de 2019

BOOKTUBERS 3 anos

Xa temos preparados os vídeos recomendando os nosos libros favoritos!
Dende hoxe, cada día iremos subindo unha das recomendacións de cada curso. Agardamos que vos animedes a ler algún dos contos que vos recomendan!
Comezamos polos booktubers de 3 anos.



lunes, 29 de abril de 2019

Bibliopatio

Comezamos a semana de Bibliopatio. Durante esta semana busca o noso carrito e cestas lectoras na zona verde do patio e ven a pasar un recreo diferente cos nosos amigos os libros. 




Poesías en familia


A semana pasada recibimos a María, mamá de Lola de 4 anos que quixo vir a compartir con nós un pouquiño de poesía. Grazas por participar nas actividades da escola!

jueves, 25 de abril de 2019

VISITA DE MARÍA CANOSA

O martes 23 de abril comezamos a semana coa visita dunha das nosa escritoras favoritas, María Canosa.
Os nenos e nenas de 4º puideron compartir con ela un tempo no que lles falou do seu libro, respondeu as súas preguntas inquedas e asinou os libros que o alumnado lera durante o curso e mesmo nos deixou un pequeno vídeo de agradecemento por recomendar as súas lecturas. Un pracer poder contar contigo!










SEMANA DO LIBRO


Dado o mal tempo que acompañou a esta semana do libro, algunhas das actividades previstas tiveron que ser pospostas para a que ven. Entre elas o bibliopatio e o corcho con suxestións lectoras. 

O que sí realizamos foi a liberación de libros ou bookcrossing, todo un éxito!








Estamos coas gravacións dos cursos recomendando o seu libro favorito! Os booktubers están a tope!
Pronto poderedes acceder aos vídeos, tanto dendo o blogue da biblio como dende as tablets da escola, escaneando o código qr que acompaña a cada ficha.
Agardade un pouqiño máis, axiña vos veremos en escena!

martes, 9 de abril de 2019

PROGRAMACIÓN BIBLIOTECA ABRIL

Durante o mes de abril a nosa biblioteca estará chea de actividades, entre elas:

Visita da escritora María Canosa para 4º de Educación Primaria o martes 23 de abril.

Visita do escritor Antonio M. Fraga para 6º de Educación Primaria o xoves 25 de abril.





Curso de primeiros auxilios para todo o alumnado de primaria:
1º A e B  Luns 8 de abril
2º Ae 3º B  Martes 9 de abril
6º A e B Luns 29 de abril
4º A e 5º B Martes 30 de abril
3º A e 5º A Xoves 2 de maio
2º B e 4ºB Venres 3 de maio



Sensibilización carreira solidaria por parte da Cruz Vermella para todo o cole.




Escola de familias para Infantil e Primaria polas tardes.

Martes 2 de abril: familias de EI, 1º e 2º EP
Martes 9 de abril: familias de 3º, 4º, 5º e 6º EP
Martes 7 de maio: familias de EI, 1º e 2º EP
Martes 14 de maio: familias de 3º, 4º, 5º e 6º EP