jueves, 28 de enero de 2021

Preparando o día da Paz

Nas aulas de infantil estamos a traballar con este conto "O sorriso de Daniela" que nos fala da importancia que ten o noso sorriso nas relacións cos demais. Como este ano é un pouco difícil de amosar, o alumnado de infantil preparou a súa propia adaptación das máscaras para seguir alegrando co seu sorriso. 


Dende primaria achegannos unhas guirnaldas solidarias con palabras sobre a Paz para dar un pouco de cor ao noso cole. 



 

martes, 22 de diciembre de 2020

BOAS FESTAS!

 A comunidade educativa do CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE deséxabos unhas FELICES FESTAS a través de este vídeo elaborado con todo o cariño por parte de alumnado, familias e profesorado. Vai dividida en dous vídeos dado o seu tamaño.




viernes, 27 de noviembre de 2020

ADVENTO DE CONTOS

Este ano querémosvos agasallar cun conto para cada un dos días antes do Nadal. Todos eles cunha temática relacionada coa igualdade, diversidade, repecto e a tolerancia representados polo noso alumnado con todo o seu agarimo. Abride o cartel que corresponde ao día da semana e gozade do conto! Cada día estrearase un deles (non se poderán ver antes do día). Podedes deixar o voso comentario no blog despois de velos para que os creadores poidan velos. 

jueves, 26 de noviembre de 2020

Advento de contos

E pouco a pouco achegámonos ao tempo de Nadal. Aquí tedes o noso particular calendario de advento no que estamos a traballar dende as aulas e que tamén poderedes ver dende a casa. Detrás de cada un dos días de decembro atoparedes un fermoso agasallo, que comezaremos a abrir a partir de decembro.