jueves, 29 de septiembre de 2022

Talk a Pirate Day

 

Comezamos coas actividades grupais do curso, preparade o voso atuendo para a viaxe Pirata. Tedes máis información no blog de English http://epeakenglish.blogspot.com/


jueves, 22 de septiembre de 2022

Novidades e apertura da biblioteca

A semana do 3 de outubro a nosa biblioteca abrirá as súas portas, tanto durante a mañá para asistir co profesorado, como no tempo de recreo e polas tardes. 
Este ano o noso PDI será sobre a auga e leva por título Móllate! Ao redor desta temática estarán artelladas moitas das propostas do curso escolar. 
 
Teremos axudantes para a xestión da biblioteca no tempo de recreo, serán os voluntarios de 6º curso. 
A vindeira semana comezarán as formacións para o uso da organización e funcionamento da biblioteca escolar.
Agardánvos moitas novidades, permanecede atentas! 

martes, 6 de septiembre de 2022

Comeza a conta atrás para o novo curso escolar

Estamos preparando a nosa biblio para volver a poñela en funcionamento, recuperando o seu uso no tempo de recreo. Pronto vos contaremos as novidades. Comeza a conta atrás!

 

martes, 21 de junio de 2022

English day

 Hoxe puidemos acudir a obra de teatro sobre o Camiño de Santiago que preparou a teacher Belén xunto co alumnado de primaria.

Mañá continuaremos cunha xornada de xogos, con actividades para cada unha das etapas do Camiño Inglés.




jueves, 16 de junio de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Estamos piques de rematar o curso, non sen antes enviarvos as nosas recomendacións de lecturas para este verán. Para a praia, a piscina, o parque, o campo, a casa dos avós, unha viaxe en coche ou en avión, ... un libro sempre será un bo amigo. 

viernes, 10 de junio de 2022

Xornada de xogos populares

A semana das letras galegas puidemos desfrutar dunha xornada de xogos populares no tempo de lecer, aquí queda unha pequena mostra. E para que o alumnado siga poñendo en práctica os xogos aprendidos, cada clase recibiu algúns destes xogos para incorporar a súa caixa do patio.

 

jueves, 9 de junio de 2022

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS


 XINCANA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí tedes unha pequena mostra da Xincana realizada no centro nas aulas de primaria.

Deixamosvos tamén as probas:

1- Wordle: adiviñar as palabras.
2- Sopa de letras.
3- Refráns: relacionar refrán e debuxo ou dicir/escribir refráns.
4- Crucigrama.
5- Cancións en galego: escoitar parte dunha das cancións que leva soando na entrada e saída do centro estes días, e ser quen de seguir cantando a letra.

Ao finalizar cada curso tivo a súa recompensa: unha bolsa con xogos populares para o patio ou xogos de mesa de aula.