martes, 23 de enero de 2024

Contacontos Irene no mundo

 Algunhas imaxes da actividade realizada por Solidariedade Internacional en base ao conto Irene no Sahara.







lunes, 22 de enero de 2024

Agasallos dos Reis Magos

 Comezamos o segundo trimestre con novos materiais na biblio: mesa de luz con materiais traslúcidos, bandexa de experimentación e mesas plegables para o traballo en grupo.




jueves, 18 de enero de 2024

Contos do mundo: Irene no Sáhara

Maña, venres 19 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de primaria poderá disfrutar da representación do conto "Irene no Sahara". Relato que narra a vida nos campos de refuxiados saharauis. 

Como é a vida no deserto e nun campo de refuxiados? Cal é a razón pola que as nenas e nenos saharauís non poden vivir no seu país? Na historia Irene ten un amigo saharauí, Gali, ao que coñeceu porque estivo acollido por unha familia española durante algún tempo.

Contos do Mundo é unha campaña de educación multicultural que fomenta os coñecementos doutras culturas para erradicar futuros comportamentos racistas, xénofobos, etnocentristas e a creación de prexuízos e estereotipos culturais e sociais.  Se queredes saber un pouco máis entrade na seguinte páxina: 
https://solidaridadgalicia.org/proxectos/contos-do-mundo/

Xincana de Nadal

E así rematamos o ano, cunha xincana de Nadal, organizada polos equipos de English e galego, con diferentes probas relacionadas coa temática navideña. O alumnado dos diferentes cursos mesturouse para formar grupo e ir superando as probas. Deixámosvos vídeo da actividade.

Actividades para Infantil:
- Decoración de postais navideñas
- Baile
- Bingo/ruleta con vocabulario

Actividade para primaria:
- Baile
- Pasapalabra
- Bingo
- Coregrafía
- Xogo descrifra o códgo
 


miércoles, 20 de diciembre de 2023

viernes, 1 de diciembre de 2023

CALENDARIO DA HORTA

Calendario Nadal. Proyecto sementando

Este é o calendario de advento elaborado polo noso alumnado desde Infantil ata 6º de Primaria. Cada curso fixo un vídeo sobre a hortaliza, vexetal ou froita da súa clase, que se irán facendo visible a medida que pasen os días do mes de decembro.