Recopilación de libros para traballar o 25 de novembro co noso alumnado. Xunto coa cartelería da diputación de A Coruña, co lema “Corta coa violencia”. Este será o noso punto lila.
Algunha outra recomendación?
Recopilación de libros para traballar o 25 de novembro co noso alumnado. Xunto coa cartelería da diputación de A Coruña, co lema “Corta coa violencia”. Este será o noso punto lila.
Esta semana comeza tamén o Club de teatro en inglés na hora de ler, na biblioteca. 📚🎭.Cada grupo dividirase en catro equipos: actores, encargados do decorado, vestiario e música. 🎭🎨👗🎵 Xuntos poñerán en conxunto os seus talentos.
• Martes: 1º, 3º e 5º.
• Xoves: 2º, 4º e 6º.
Para inaugurar o novo recuncho de arte da biblioteca, dúas alumnas de 6º impartirán un taller de lettering de 3 sesións de duración nas horas de ler. Se queres asistir, apúntate axiña na cortiza da entrada.
Polo San Martiño, castañas asadas e trompos ao camiño.
Día de xuntanza para desfrutar das castañas e de música tradicional galega.
Este ano introducimos como novidade unhas bolsas con xogos de mesa, para compartir en familia e aproveitar os beneficios de esta actividade fortalecendo vínculos.
Agardamos que desfrutedes das propostas!