lunes, 3 de febrero de 2025

Chíos por Rosalía

Chíos por Rosalía é a nosa proposta para conmemorar este curso o Día de Rosalía De Castro, 23 de febreiro. Como vimos facendo fai uns anos, achegámonos á vida da escritora a partir de aspectos significativos para o noso alumnado. Este ano quixemos xuntar a celebración coa festividade da Candeloria, día no que casan os paxariños. 🐦❤️ Investigamos sobre as aves da nosa contorna e descubrimos as dos poemas de Rosalía (símbolos de libertade e amor pola natureza). Cada curso recreu con papiroflexia un paxariño cun chío escrito nun bocadillo sobre un dos versos da autora 


Día da muller: Cantareiras

Este ano a RAG adica o Día das Letras Galegas ás mulleres cantareiras. Esta homenaxe débese ao seu labor na transmisión da lingua e cultura popular e ao seu traballo abrindo camiños nun terreo, o musical, no que as mulleres sempre tiveron menor representación na escena pública. Este 8M, queremos contribuír a seguir visibilizando ás mulleres deste eido, facendo partícipe á nosa comunidade educativa. Si na vosa familia hai algunha muller (nais, tías, avoas, curmás...) que toque algún intrumento ou cante, que estea interesada en vir á escola a semana do 10 de marzo, que o comunique a titora do alumno/a antes do 19 de febreiro para poder xestionarnos no centro. A interpretación pode ser de calquera estilo musical. Moitas grazas de antemán.

jueves, 30 de enero de 2025

Maxia no Víctor

 E así rematamos o primeiro trimestre…con moita ilusión e caras de asombro gozando do espectáculo do mago David Méndez. 









jueves, 19 de diciembre de 2024

Espectáculo de maxia

 Mañá contaremos cun espectáculo de maxia para rematar o trimestre acompañado de merendas navideñas e recreos compartidos.


miércoles, 18 de diciembre de 2024

Recomendacións lectoras

 Este curso contamos coas familias para elaborar as recomendacións lectoras que todos os ano publica o cole polo Nadal. A través deste panel colaborativo engadiron os títulos preferidos. Seguro que podemos sacar moitas ideas de lecturas e agasallos de Nadal. Grazas por participar.

Hecho con Padlet

jueves, 5 de diciembre de 2024

domingo, 1 de diciembre de 2024

Calendario de advento

Comeza decembro e con el o noso tradicional calendario de advento, vencellado á temática do curso: A horta. Este ano o calendario mostrararnos diferentes animais que podemos atopar nas nosas hortas. Cada curso preparou con moito cariño un vídeo sobre o animal que da nome a súa aula. 

E cada día do mes de decembro antes das vacacións de Nadal iremos vendo nas aulas os diferentes vídeos, tamén os podedes ver dende as casas. Os días da fin de semana e festivos non teñen vídeo. Agardamos que desfrutedes.