martes, 25 de febrero de 2025
lunes, 24 de febrero de 2025
domingo, 23 de febrero de 2025
Día de Rosalía de Castro
A nosa especial recollida de versos de Rosalía a modo de chíos dos paxariños das súas obras. Feliz día de Rosalía De Castro!
miércoles, 19 de febrero de 2025
Entroido: Mandadiños do Meco
A semana que vén celebraremos o Entroido. Comezando o luns cos Mandadiños do Meco. Deixámosvos o que teñen que traer cada día para que poidades ir preparando os disfraces e atrezos. Moira troula nos agarda! O venres, se o tempo o permite faremos un desfile polo barrio para lucir os traxes. Este año a temática é a horta e os animais que nela habitan.
lunes, 3 de febrero de 2025
Chíos por Rosalía
Chíos por Rosalía é a nosa proposta para conmemorar este curso o Día de Rosalía De Castro, 23 de febreiro. Como vimos facendo fai uns anos, achegámonos á vida da escritora a partir de aspectos significativos para o noso alumnado. Este ano quixemos xuntar a celebración coa festividade da Candeloria, día no que casan os paxariños. 🐦❤️ Investigamos sobre as aves da nosa contorna e descubrimos as dos poemas de Rosalía (símbolos de libertade e amor pola natureza). Cada curso recreu con papiroflexia un paxariño cun chío escrito nun bocadillo sobre un dos versos da autora 

Día da muller: Cantareiras
Este ano a RAG adica o Día das Letras Galegas ás mulleres cantareiras. Esta
homenaxe débese ao seu labor na transmisión da lingua e cultura popular e ao seu
traballo abrindo camiños nun terreo, o musical, no que as mulleres sempre
tiveron menor representación na escena pública. Este 8M, queremos contribuír a
seguir visibilizando ás mulleres deste eido, facendo partícipe á nosa comunidade
educativa. Si na vosa familia hai algunha muller (nais, tías, avoas, curmás...)
que toque algún intrumento ou cante, que estea interesada en vir á escola a
semana do 10 de marzo, que o comunique a titora do alumno/a antes do 19 de febreiro
para poder xestionarnos no centro. A interpretación pode ser de calquera estilo
musical. Moitas grazas de antemán.
jueves, 30 de enero de 2025
Maxia no Víctor
E así rematamos o primeiro trimestre…con moita ilusión e caras de asombro gozando do espectáculo do mago David Méndez.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












