viernes, 30 de enero de 2015

DÍA DA PAZ

Para celebrar o "DÍA DA PAZ" fixemos, entre todos, un gran mural que colocamos na entrada do centro.





















Tiñamos programada unha "Marcha pola Paz" que tivemos que suspender debido ao mal tempo, mais no momento que mellore farémola. Vai ser unha marcha ata a Torre de Hércules de todo o colexio. Os maiores apadriñarán aos rapaces e rapazas de Infantil.

 Estes días tamén investigamos e aprendemos moito sobre Malala. Aquí vos deixamos un traballo moi bonito feito polo CEIP de Cespón

jueves, 29 de enero de 2015

A bruxa Anónima

O pasado mércores, o alumnado de 2º e 3º ciclo asistimos a un concerto no Palacio da Ópera na Coruña. Paula Carballeira contounos a historia da bruxa Anónima.
Anónima fuxe das persoas que lle teñen medo e atopa a uns músicos, Hércules Brasss, falan e deciden axudarse mutuamente.
A orquestra sinfónica pon a música: Tritsch Tratsch polka de J. Strauss, Habaneira de G. Bizet, Can Can de Offenbach, Suspiros de España de A. Álvarez, Danza húngara de J. Brahms...
Encantounos e divertímonos moito

lunes, 19 de enero de 2015

Obradoiro de televisión

O xoves fixemos unha actividade que nos gustou moito.
 A asociación de prensa está a celebrar os 110 anos da súa creación e invitounos a ver como se fan os informativos na TV
 Presentamos noticias, fixemos entrevistas... Foi unha experiencia moi interesante.
 Moitas grazas por esta oportunidade.

domingo, 18 de enero de 2015

Noveno 9

O Garaxe Hermético, unha escola de cómic dirixida por Kiko da Silva, acaba de publicar o número 0 da revista  Noveno 9 .É unha revista dixital de banda deseñada.


Espero que vos guste.

viernes, 16 de enero de 2015

Melloras na biblioteca

Estes días a biblioteca está pechada. Pero non pensedes mal, estamos facendo melloras para que esteamos mais cómodos nas nosas actividades.
 Cambiamos o chan



Recolocamos os ordenadores


E agora estamos colocando os libros e o resto de materiais



Xa queda pouco para que sigamos disfrutando da lectura e dos contos nesta biblioteca, Bibliomistos vos está votando moito de menos.
 Ata pronto

domingo, 21 de diciembre de 2014

Festival de Nadal

Nas últimas semanas estivemos ensaiando para este día e por fin chegou. Hoxe tivemos o festival de Nadal e divertímonos moito. Cantamos, bailamos, tocamos a frauta e ao final unha grande sorpresa... as mestras de Educación Infantil representaron CATS!!! Foi fenomenal, un fin de festa xenial. Moitas grazas. Agora imos disfrutar dunhas vacacións moi merecidas. Feliz ano novo

martes, 16 de diciembre de 2014

PAPA NOEL

Xa están aquí as vacacións, mais antes de acabar as clases tivemos que escribir as nosas cartas para os Reis e Papa Noel. Hoxe veu Papa Noel co seu paxe a recoller as nosas cartas, tamén nos contou un conto moi bonito. Estamos moi ilusionados. Papa Noel non te olvides de nós.