jueves, 9 de abril de 2015

Visita á biblioteca de Monte Alto


A aula de 4º recibiu unha carta da Biblioteca de Monte Alto.
Nesta carta pedíanlles axuda nun experimento sobre as correntes mariñas que fixeron  uns rapaces e rapazas do Centro Galego de Terranova

Colexio
Biblioteca









Para poder axudarlles, visitamos a Biblioteca de Monte Alto. Dende alí mandámoslle un correo coas respostas as súas preguntas.


A experiencia foi moi interesante e volveremos moi pronto a esta biblioteca.

V RECITAL DE POESÍA

Ainda que con retraso, queremos contarvos que Bibliomistos, a mascota da biblioteca, envioulle unha carta a todas as aulas do noso cole.


   Que ben se está nesta biblioteca. Cada día que pasa está máis bonita e confortable. Creo que vou quedar para sempre.

    Teño noticias fantásticas de Biblioplanet. Están nacendo moitos libros no campo da poesía; pronto naceran máis mistos coma min. Os mistos que viven nos libros de poesía son pequenos, suaves, tenros; quedan tranquilos, deitados  entre as follas dos libros, soñando.....As veces parecen un pouco tímidos, pero tamén poden sair e bailar con alegría. Son de moitas cores, como as vosas bolboretas.

Agora estou lendo un libro que tamén fala dun personaxe moi tenro: “ Es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera que se diría todo de algodón, que no lleva huesos....”Sabedes quen é?

   Seguro que estades a ler moita poesía, por iso naceron tantos libros en Biblioplanet.
     Espero con impaciencia o día do festival, non faltedes á cita.
Bibliomistos


Todos os rapaces e rapazas alegráronse moito e participaron con moito interés no "V Recital de poesía"
Próximamente os mostraremos as fotos da súa participación.

miércoles, 8 de abril de 2015

Anxo Fariña visita de novo a nosa Biblioteca.


Isto é o que opinan os nosos 


alumnos da súa visita:

Gustounos moito. Pareceunos moi interesante a maneira de explicar en que se inspirou para escribir o libro A chave da Atlántida; tamén contou como traballa usando materias tradicionais (libreta de notas..) e materiais modernos (tablet …)




Atopamos  divertidas as historias que contou de cando era pequeno, como a de que quería construír robots. Por iso, agora quere escribir libros deste tema.





        E isto é o que opinou Anxo dos nosos alumnos: 
Uns nenos moi atentos, estiven moi a gusto con eles; foron moi participativos e fixeron unhas preguntas moi interesantes.

DÍA DO EXPERIMENTO: LA ELECTRICIDAD


Janira e máis a Alma, de 2º de primaria viñeron a facernos un experimento eléctrico. 

Engancharon uns cables a unha bombilla e despois fixeron contacto o outro estremo dos cables a unha pila; e sabedes o que pasou?? que a bombilla acendeuse!!!!


A continuación, Álex Jiménez , de 6ºB, intentou explicar como podería acenderse unha bombilla led enganchados cuns cables a un limón, pero como non tiñamos limón....probamos cunha mandarina. Pero non nos saíu. Probade vós cun limón.!!!



Só necesitas:
1) limones (pode que necesites máis de un)
2) cable eléctrico
3) dos tornillos
4) bombilla led.



E para rematar o noso circuito eléctrico, Marta de 6ºB, mostrounos o CIRCUITO ELÉCTRICO e a CAIXA DE LUZ para calcar, que construíron na súa clase de plástica e coñecemento.


 Noraboa a todos por enisnarnos unha cousiña máis!!!



martes, 7 de abril de 2015

DÍA DO CONTO: EL PÁJARO PHUY

Este conto de orixe mexicano foi o elixido por Manuel e Brais de 5º e primaria para o venres pasado.
Utilizaron o teatrillo que temos na biblioteca con contos do mundo representados con láminas moi vistosas que teñen por detrás os seus textos.

A historia trata de un paxaro con moitas plumas de cores a quen llas piden para gañar un concurso de beleza.

  Tivemos a visita de todos os cursos de infantil e máis a de moitos maiores de primaria. Cada día somos máis a disfrutar cos contos!!!


QUE PASARÁ!!!!

jueves, 26 de marzo de 2015

OLLOS DE AULA

Ollos de aula é unha revista para as familias do alumnado.
No último número Pilar Sampedro, mestra e desde fai varios anos  asesora das Bibliotecas Escolares de Galicia, escribiu un artigo que trata do papel da familia no hábito lector dos seus fillos e fillas.


Recomendamos a súa lectura pois é moi interesante.
Grazas Pilar, sempre é un placer oírte ou lerte.


Poetic@

Gústache ler poesía?
Fran Alonso, un escritor do cal nós temos varios libros na biblioteca, abriu unha páxina, de acceso libre e aberto, Poetic@ na que podemos ler, escoitar, comentar...


Esperamos que vos guste.