domingo, 29 de noviembre de 2015

DÍA DO CONTO: HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?


¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Díaz Reguera, da Editorial Thule 

Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa rosa. Pero Carlota estaba harta do rosa e de ser unha princesa. Quería vestir de vermello, de verde ou de violeta... 
Carlota non quería besar sapos para ver se eran príncipes azuis. 
Carlota sempre  preguntábase por qué non había princesas que rescataran aos príncipes azuis das garras do lobo, ou que cazaran dragóns ou volaran en globo.

Fantástico conto para falar e traballar a coeducación e a igualdade cos nenos e nenas.





MATERIAIS DAS VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Xa están dispoñibles os materiais das Xornadas de Bibliotecas


Votade unha ollada, hai cousas moi interesantes.

Adeus a Neira Vilas

Todos os galegos e galegas estamos de loito.
O autor de "Memorias dun neno galego"morreu onte.


Aprendimos a amar a literatura en galego co seu Balbino 
Moitas grazas

viernes, 27 de noviembre de 2015

Bibliomistos pola Coruña

A proposta da semana pasada era moi fácil. Verdade que é un lugar moi bonito?
Se queredes coñecela moito mellor podedes visitar a súa  Casa Museo Emilia Pardo Bazán.


Según van chegando imos expoñendo as fotos das vosas visitas.
Esta semana a proposta é dun lugar moito mais aireado,  pensamos que todos vos o coñecedes.


Animadevos a visitalo.

lunes, 23 de noviembre de 2015

DÍA DO CONTO: EU NON FUN

E logo, quen foi?? Todo comezou cunha araña que .......Y de pronto, ¡catapum! A granxeira sofre un inesperado percance, pero... nin a vaca, nin o burro, nin o porco, nin o can, nin o gato, nin o pitiño, nin tampouco o mosquito, asumen a autoría de lo sucedido. Entonces, a responsabili-dade do desastre...De quén é?

Queredes saber o que pasou coa araña, a vaca, o can, o porco, .... pois animádevos a ler este conto divertido e sorprendente que contaron Aitana, Lucía , Carla, Carmela, Marta, María, Sara e Joel (4º), este venres 20 na biblioteca do colexio.















domingo, 22 de noviembre de 2015

0S CAMIÑOS ESQUENCIDOS

A comunidade educativa do IES Díaz Castro de Guitiriz recibiu o primeiro premio, na categoría de ensino non universitario, na VI edición do OUFF Escola coa súa curtametraxe.




"Os camiños esquencidos" está baseada na vida do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas Xosé Díaz Castro





A biblioteca deste centro acaba de recibir outro premio polo seu traballo o

 “PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 


Parabéns!!!




viernes, 20 de noviembre de 2015

VI XORNADAS de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O venres e o sábado,19 e 20, celébranse en Santiago as  VI XORNADAS de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
Estas xornadas son unha actividade de formación permanente para o profesorado que dinamiza as actividades das bibliotecas escolares de Galicia.


A próxima semana incluiremos o enlace aos archivos.