domingo, 30 de octubre de 2016
sábado, 29 de octubre de 2016
MAR DE MARES
Todos nos bañamos nas nosas praias, en San Amaro, nas Lapas, no Orzán, en Riazor...pero só coñeciamos as orillas.
Queriamos coñecer as profundidades,as súas plantas e os animais que viven alí. No Acuario viaxamos,virtualmente, nun submarino ás profundidades do mar Mediterráneo, vimos as semellanzas entre as montañas e as profundidades mariñas, a vida das medusas, e sobretodo os seres vivos das profundidades do Antártico: corales vermellos, negros, krils, planctón, ofiuras, esponxas...
Mar de mares - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Se queredes saber mais visitade www.elmarafondo.com
Qué experiencia tan interesante!
viernes, 28 de octubre de 2016
DÍA DA BIBLIOTECA
Ola!
Xa estamos aquí de novo. Temos por diante, un novo curso cheo de actividades que estamos a preparar o equipo de biblioteca.
Bibliomistos gozou tanto coñecendo Coruña, que agora quere coñecer toda Galicia. Nós imos axudarlle e pouco a pouco iremos ensinándolle todo o que investiguemos.
Queremos contar coa vosa axuda.
Esta semana celebramos o "Día das bibliotecas" coa actividade que mais lles gusta á nosa rapazada o APADRIÑAMENTO LECTOR.
Os maiores do cole escolleron un libro, prepararon a lectura, recolleron aos seus afillados e nun lugar do patio, escollidos por eles, gozaron coa lectura e as imaxes do seu libro.
Isto só é o principio, seguiremos gozando coas nosas lecturas.

domingo, 10 de julio de 2016
Mamasiña que medo!
Grazas á colaboración dunha nai do ANPA, Mónica, podemos gozar co vídeo, da adaptación teatral que fixeron a rapazada de 6º, da obra "Mamasiña que medo"
Temos que dar a noraboa a todos os alumnos e alumnas polo seu esforzo neste traballo en equipo. Valeu a pena.
Seguide traballando desta maneira, e o novo camiño que ides emprender estará cheo de éxitos.
Moitas grazas Mónica.
viernes, 1 de julio de 2016
RESUMO DAS ACTIVIDADES REALIZADAS
Ao final de curso temos que avaliar o realizado durante todo o curso.
Realizamos unha memoria e elaboramos un resumo das actividades realizadas.
Agora é tempo de cambiar de actividade, gozar co bo tempo, divertirse pero sin olvidar os bos momentos que temos cando lemos un libro.
En setembro vémonos de novo.
domingo, 26 de junio de 2016
MAMASIÑA QUE MEDO!!
O alumnado de sexto fixo unha adaptación moi orixinal da obra de Chus Pereiro "Mamasiña que medo! Todos puidemos disfrutar coa súa representación.
Noraboa rapaces e rapazas.
Pasámolo moi ben.
O xoves pasado,na súa despedida do colexio, quixeron representala de novo cuns espectadores moi especiais, as súas familias.
O éxito foi completo.
jueves, 23 de junio de 2016
FESTIVAL FIN DE CURSO
Todo chega ao seu fin, e este curso rematou. Podemos ir contentos pois foi un curso cheo de actividades e non hai mellor remate que con un festival.
Cantamos, representamos obras, recitamos e bailamos. Pasámolo xenial.
Agora a disfrutar do verán. Aproveitar para ler un bo libro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)