Pouco a pouco imos chegando.
Que non te doan os pés
engade xoves as
botas
Non as poñas do
revés.
Esquecíamos algo
importante
feita por ti ou zampada
de vieira e moi elegante
mércores a cuncha
colgada.
Dende o noso cole queremos contribuír a esta homenaxe descubrindo a Ruta Rosaliana, relacionada co camiño de Santiago.
A ruta rosaliana é un percorrido real con parada nos lugares máis singulares na vida da autora Rosalía de Castro, todos vinculados sentimentalmente con ela, manifestándose de forma patente na obra poética de Rosalía.
Para acompañar este percorrido o alumnado deulle cor as súas flores preferidas, os pensamentos, onde escribiron os seus versos e palabras na nosa fala.
Durante esta semana farase unha visita guiada a exposición por parte de cada un dos cursos.
Animámosvos a facer a ruta real camiñando entre as diferentes etapas da súa vida e achegandose así a súa obra.
Mandadiños do Meco para a semana do 21 ao 25 de febreiro:
MANDADIÑOS DO MECO