jueves, 24 de febrero de 2022

miércoles, 23 de febrero de 2022

martes, 22 de febrero de 2022

domingo, 20 de febrero de 2022

Ruta rosaliana


 O día 23 de abril está dedicado a Rosalía de Castro, por ser a data de nacemento da poeta galega. 

Dende o noso cole queremos contribuír a esta homenaxe descubrindo a Ruta Rosaliana, relacionada co camiño de Santiago. 

A ruta rosaliana é un percorrido real con parada nos lugares máis singulares na vida da autora Rosalía de Castro, todos vinculados sentimentalmente con ela, manifestándose de forma patente na obra poética de Rosalía. 

Para acompañar este percorrido o alumnado deulle cor as súas flores preferidas, os pensamentos, onde escribiron os seus versos e palabras na nosa fala.

Durante esta semana farase unha visita guiada a exposición por parte de cada un dos cursos. 

Animámosvos a facer a ruta real camiñando entre as diferentes etapas da súa vida e achegandose así a súa obra.

 

lunes, 14 de febrero de 2022

Mandadiños do Meco

 Mandadiños do Meco para a semana do 21 ao 25 de febreiro:

MANDADIÑOS DO MECO 


Sabemos que o estades esperando 
e o tedes todo preparado. 
Este ano toca ir andando 
ata chegar a Santiago. 

Comeza a primeira etapa. 
E luns avístase tormenta.
 Traede impermeable ou capa 
que cubra a vestimenta. 

 Este curso súmanse as normas.
Non quitedes o chuvasqueiro.
A ver martes como adornas
con pucho, gorra ou sombreiro.

Esquecíamos algo importante
feita por ti ou zampada 
de vieira e moi elegante 
mércores a cuncha colgada.

Pouco a pouco imos chegando. 
Que non te doan os pés 
engade xoves as botas 
Non as poñas do revés.

 Xa avistamos o final.
Venres ven como queiras.
Chegamos a catedral! 
Tempo de troula e festa.