Momentazos do espéctaculazo
jueves, 16 de mayo de 2024
miércoles, 15 de mayo de 2024
Letras galegas: sementando palabras
Este ano quixemos vencellar a celebración do día das Letras galegas co noso PDI A horta, festexando cun concerto especial o día 16 de maio da man de Brais das hortas para toda a rapazada.
Enmearcada nesta temática propuxose ao alumnado dos diferentes cursos do cole pensar naquelas palabras da nosa lingua que están quedando en desuso.
Igual que hai que cultivar a terra para ter unha boa colleita, tamén temos que coidar da nosa fala. Por iso, de xeito simbòlico cada un dos cursos elixiu una palabra para “plantar “ e coidar. As sementes elexidas para a actividade son as de miosotis, coñecida comunmente como nonmeesquezas. E aquí podedes ver o resultado. 
martes, 14 de mayo de 2024
Visita Eva Mejuto
O alumnado de 4º de primaria compartiu con Eva Mejuto un tempo da mañá en torno ao seu libro Neko, elixido para a súa lectura neste curso.
Visita Érica Esmorís
lunes, 13 de mayo de 2024
Carnés biblioteca
Os carnés do alumnado teñen novo espazo, aquí podedes deixalos para empregar cada vez que queirades levar un libro en préstamo.
viernes, 10 de mayo de 2024
Herbario de Rosalía
Polo día de Rosalía de Castro participamos nun reto colectivo de recolectar exemplares das flores mencionadas nas obras de Rosalía de Castro. Con esta recolecta elaboramos este herbario que viaxará polas aulas achegándo ao alumnado á realidade desta poeta da nosa Terra.
jueves, 9 de mayo de 2024
Bibliotecas de aula
Nova dotación das bibliotecas de aula de infantil, a partir de agora todas as clases contarán con estes clásicos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















