Para os pequenos:
miércoles, 23 de octubre de 2024
martes, 22 de octubre de 2024
miércoles, 16 de octubre de 2024
Apertura da biblioteca durante os recreos
Despois de estas semanas de posta a punto e de realización das formacións de usuarios, a biblioteca xa ten data de apertura no tempo de lecer, coincidindo co Día das bibliotecas, será o 24 de outubro. Agardámosvos!
martes, 15 de octubre de 2024
Convocatoria Contos de medo
Como todos os anos celebraremos Samaín/Halloween con contacontos e proxeccións con temáticas de medo durante a última semana de outubro, ademáis do noso tradicional truco ou trato e o paso polo túnel do terror. O mércores 30 de outubro poderán vir disfrazados, evitando máscaras e complementos perigosos. Este ano como novidade, convidámosvos a participar na narración/representación de contos de medo. Se tedes dispoñibilidade e vos apetece participar, anotádevos no seguinte cuestionario na hora e data do curso do voso fillo/a.
lunes, 14 de octubre de 2024
Mostra de teatro escolar
O alumnado de 1º de primaria participou o curso pasado na XXXIII Mostra de teatro organizada polo Concello de A Coruña. Xa están publicadas as representacións das obras dos artistas. Este ano o cole volve a participar con outros cursos como protagonistas.































