viernes, 22 de noviembre de 2024

Contavenres

 Comezamos cos contavenres este curso, da man de estas dúas alumnas de 3º de primaria. Esperámosvos na biblioteca o vindeiro Venres 29 de novembro na hora do recreo. 



25 N

 Recopilación de libros para traballar o 25 de novembro co noso alumnado. Xunto coa cartelería da diputación de A Coruña, co lema “Corta coa violencia”. Este será o noso punto lila.


Algunha outra recomendación? 


martes, 19 de noviembre de 2024

Musicalización

O alumnado de 5º musicalizou este corto de Disney con instrumentos e obxectos cotiás cos axuda da auxiliar de conversa para os diálogos.



 

Club de teatro en inglés

 Esta semana comeza tamén o Club de teatro en inglés na hora de ler, na biblioteca. 📚🎭.Cada grupo dividirase en catro equipos: actores, encargados do decorado, vestiario e música. 🎭🎨👗🎵 Xuntos poñerán en conxunto os seus talentos. 

Martes: 1º, 3º e 5º.

Xoves: 2º, 4º e 6º.

Taller de lettering

 Para inaugurar o novo recuncho de arte da biblioteca, dúas alumnas de 6º impartirán un taller de lettering de 3 sesións de duración nas horas de ler. Se queres asistir, apúntate axiña na cortiza da entrada.