jueves, 7 de febrero de 2013

O CREBANOCES

Presentámosvos "O Crebanoces" de María Canosa e con ilustracións de David Pintor. É unha adaptación da obra orixinal de ETA Hoffmann


Este libro fíxonos soñar, coa súa historia e as súas imaxes.Conseguiu que nos trasladasemos no tempo e poidésemos vivir a historia de Clara e o seu soño.

O mércores os alumnos de segundo e terceiro ciclo fomos ao Palacio da Ópera da Coruña e revivimos a historia de Clara e o seu irmán dunha forma moi especial.Vimos un espectáculo de ballet, interpretado polo Centro Coreográfico galego e a OSG con música de Tchaikovsky.


No hay comentarios:

Publicar un comentario