miércoles, 8 de mayo de 2013

Cóntame un conto

Comezamos o mes das Letras e nos, seguimos pasandoo moi ben coas historias e os contos das nosas familias.
Divertímosnos moito con Cristina, a nai de Carla, que nos contou "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"
Pablo, o pai de Xiana e Roque, contounos unha lenda que se sitúa ao lado do noso cole "Hércules e Cruña"
O luns estivo connosco Eunice. Á clase da súa filla Cloe contoulle unha historia moi tenra "Laura y la tripita de mamá". Logo na clase de Marta, "Los tres cerditos"

Merchy, a avoa de Lucía, traballou durante moitos anos na Fabrica de tabacos da Coruña. Contounos que comezou a traballar no ano 57, como era o seu traballo, a evolución da fábrica mais tamén dos perigos de fumar. Tróuxonos varios libros con moitas fotos que nos axudaron a coñecer esta fábrica tan coñecida na nosa cidade. Foi moi interesante. Moitas grazas

 O martes Sonia, a nai de Ariatna, contounos un conto en castelán e inglés. Titulábase "Ven con Dora y sus amigos". Acabamos o conto cantando todos, foi moi divertido.
Carlos, axudado polo seu fillo David, contounos "O soño do osiño rosa"

 Pasámolo moi ben cos "Cuentos populares" que nos contou Graciela, a nai de Óscar
Mónica, a nai de Paula, fixonos rir  co libro de "Paco trolas"

Moitas grazas a todos por facernos soñar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario