
Os nenos de Educación Infantil e as súas mestras deixáronnos totalmente impresionados.
Fixeron unha adaptación dun conto titulado "A escaleira", crearon uns personaxes novos: un percebeiro, un zoqueiro,... e montaron un vídeo precioso con eses personaxes, unha torre de Hércules e unha música impresionante.
Que traballo tan marabilloso!!
Isabel, Manuel, Raúl e Sabela presentáronnos o vídeo. Fixádeos nas caras dos nenos.
Impresionante o nivel que ten o profesorado deste colexio, non hai palabras.
ResponderEliminar