domingo, 24 de noviembre de 2013

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O día 25 de novembro celébrase o "Día da Eliminación da Violencia contra as mulleres"
Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar ás irmás Mirabal, tres activistas políticas que foron brutalmente asasinadas en 1960 por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo.

Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. 
Sabes que, nalgúns países, a muller é un ser desprovisto de dereitos...? En Paquistán, as mulleres están obrigadas a levar burka, unha prenda de roupa que tapa completamente o seu corpo e a súa cara. Neste país, ser muller e mestra é moi perigoso: Shahnaz Nazli foi asasinada este ano por dar clase a nenas. 

Por contar nun blog (baixo pseudónomo) os problemas que teñen as nenas paquistaníes para recibir unha educación, a nena Malala Yousafzai  foi tiroteada. Afortunadamente, tras quedar nun estado moi grave, conseguíu recuperarse das feridas recibidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario