domingo, 30 de noviembre de 2014

O paxaro e o porco

Queres aprender a programar xogando?
Axuda ao paxaro a capturar un porco que lle roubou os seus ovos. Se queres divertirte preme no paxaro.

http://studio.code.org/s/2/puzzle/1
Boa sorte!

martes, 25 de noviembre de 2014

Un monstruo debajo de la cama

Os contos de medo tomaron a biblioteca. Hoxe, na "Hora de ler", Kathy contounos un conto arrepiante
"UN MONSTRUO DEBAJO DE LA CAMA"


lunes, 24 de noviembre de 2014

Magosto

O Magosto é unha festa tradicional que se ven celebrando en Galicia desde hai moitos anos. Nesta festa de outono: Decoramos colares con froitos de outono Reproducimos un bosque coas árbores típicas do bosque galego Comemos castañas Pasámolo moi ben

A tinta invisible

Cristina e Carla escribían e escribían e non se vía nada, mais de pronto apareceu todo, foi moi sorprendente. Aquí as tedes facendo este experimento.

domingo, 23 de noviembre de 2014

Valeria Varita

Este venres, Marta e Antía narráronnos a historia de Valeria Varita, unha fada moi, moi rosa.A personaxe de Valeria é a mais famosa creación da ilustradora inglesa Emma Thomson.

jueves, 20 de noviembre de 2014

Día do peón

O día 11 de novembro celebramos o "Día do peón".
Os nosos  rapaces e rapazas fixeron bailar os seus peóns e bailaretes.

Lámpada de lava

Vos coñecedes as lámpadas que alumean na clase mais algunha vez vistes unha lámpada de lava? Pois nosoutros si que a vimos. María coa axuda da súa filla Ruth mostráronnos unha cando fixeron este experimento na clase.
Quedamos abraiados. Moitas grazas María. Estamos desexando que nos fagas outro experimento tan interesante.

Contos de medo:"Como reconocer a un monstruo"

Aqui tedes "os cocoricos" escoitando a Kathy  o conto: "Como reconocer a un monstruo"



Uff!
Que medo!!

Explosión dun volcán


En Galicia non podemos ver ningún volcán en erupción, mais Ricardo e Diego Marqués mostráronnos como pode ser.



Foi moi impresionante.
Moitas grazas

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Taller de blogs

Hoxe realizamos un taller de blogs.
Nacho, xornalista da Voz de Galicia, explicounos o que é un blog, como funciona, as precaucións que temos que ter en conta cando escribimos nun blog e finalmente aprendemos como escribir textos, insertar imaxes, facer comentarios,...







lunes, 17 de noviembre de 2014

Taller de prensa

Hoxe estivo connosco Ana. Ana é unha periodista que traballa na Voz de Galicia.
Explicounos como se desenrola o traballo dentro dunha redacción dun xornal. Falamos das axencias de noticias, e como lles axudan no seu traballo. E igual que nós, eles tamén utilizan diversas fontes de información.
Mais tarde fixemos, coa a súa axuda, unha primeira plana do xornal.




















Convertémonos nuns auténticos reporteiros. Foi estupendo.
Moitas grazas, Ana 

Taller de radio

Os rapaces e rapazas de sexto convertéronse nuns auténticos reporteiros radiofónicos da man de Beatriz, unha reporteira de Radio Voz, que estivo connosco para ensinarnos: como funciona a radio, a facer entrevistas,...

Divertímonos e aprendemos moito.
Moitas grazas 

domingo, 16 de noviembre de 2014

Recursos ciencia e matemáticas

Como xa sabedes, este curso queremos converternos nuns auténticos científicos. As nosas familias están axudándonos cando veñen ao cole para mostrarnos os experimentos científicos.
Nos estamos aprendendo a investigar utilizando o método científico.
Para axudarvos aquí tedes varios recursos de ciencia e matemáticas.

 https://sites.google.com/site/cienciaematematicasnabiblio/home

Donald en el país de las matemágicas

As matemáticas están por todalas partes, eso xa o sabíades. Incluso nos debuxos animados, se queredes comprobalo aquí tedes a Donald.

 

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O venres e o sábado pasado, celebráronse en Santiago as V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia.
As conferencias de varios expertos no campo das bibliotecas escolares, como Mónica Baró,  e as distintas mesas de experiencias, nas que os representantes de distintas bibliotecas galegas expuxeron os seus traballos e a súa metodoloxía de traballo, resultaron moi instructivas.
Nestas Xornadas reunímonos mais de mil mestres de toda Galicia. Podedes ver o programa e os distintos materiais das Xornadas

viernes, 14 de noviembre de 2014

Pescar un xeo

Algunha vez intentastedes pescar un trozo de xeo. Creedes que é imposible? Pois non , é  posible. Marta e a súa nai Eunice demostrárono.

Conseguichedes intrigarnos.
Moitas grazas.

O globo que infla só

Mª Carmen e a súa filla Carmela fixeron un experimento que nos deixou abraiados. Conseguiron que un globo inflase só.
Mirade as fotos.
Foi moi sorprendente
Moitas grazas

Impresoras en 3D

Esta semana visitounos Tucho Méndez. Tucho pertence á BricoLabs.Bricolabs é unha asociación de makers que empregan e fomentan as tecnoloxías libres.
Reunense semanalmente na Domus para  aprender de xeito colaborativo, aportando o que cada unha/un sabe de ámbitos moi diversos para crear, probar e xogar con todo tipo de aparellos, gadgets ó estilo de otros HackerSpaces e Fablabs do mundo.
Que interesante! Moitas grazas Tucho!!

lunes, 10 de noviembre de 2014

Contos de medo

A "Hora de ler", durante o mes de novembro, imos adicala a lectura de contos de medo. Todos os días a biblioteca convertese un lugar arrepiante, onde os nenos e nenas gozan escoitando contos como:
Que cariñas!!!

domingo, 9 de noviembre de 2014

O bosque de outono

Xa sabedes que este ano queremos ser uns auténticos científicos. Estamos investigando como son os nosos bosques, que animais viven neles e como son as súas árbores, cal é o seu aproveitamento...
Pouco a pouco iremos ensinando todo o que vaiamos aprendendo.
Para empezar imos facer un bosque na entrada do noso cole.Aquí tedes os rapaces e rapazas de 3º ciclo traballando co seu acivro.

A bruxa regañadentes

Durante o mes de novembro seguemos con contos de medo.
O conto deste venres fíxonos tremer, "A bruxa regañadentes"
Marta, Uxía, Natalia e Lucía narraron e representaron este conto arrepiante.
Fixéchelo moi ben.
Noraboa rapazas

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Día da biblioteca

Aínda que con un pouco de retraso, vouvos contar como estamos empezando este novo curso. A biblioteca xa está á funcionar a pleno rendemento. Contamos, de novo, con un grupo de axudantes moi entusiastas. Este ano teñen uns identificadores para que todos os que visiten a biblioteca os identifiquen con facilidade. O día 24, Día das bibliotecas escolares, celebrámolo co visionado dunha película moi divertida: "Cariño, he encogido a los niños"