domingo, 22 de febrero de 2015

Día de Rosalía de Castro 2015

A Asociación de Escritores en Lingua Galega AELG invítanos para que celebremos, o martes 24, o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Este curso traballaremos moi especialmente o poema "Adiós ríos, adiós fontes"

 Adiós, ríos; adiós fontes;
 adiós, regatos pequenos;
 adiós, vista dos meus ollos,
 non sei cando nos veremos.

 Miña terra, miña terra,
 terra donde me eu criei,
 hortiña que quero tanto
 figueiriñas que prantei,

 Prados, ríos, arboredas,
 pinares que move o vento,
 paxariños piadores,
 casiña do meu contento,

 muíño dos castañares,
 noites craras de luar,
 campaniñas trimbadoras
 da igrexiña do lugar,

 amoriñas das silveiras
 que eu lle daba ó meu amor,
 camiñiños antre o millo,
 ¡adiós, para sempre adiós!

 ¡Adiós groria! ¡adiós contento!
 ¡Deixo a casa onde nacín,
 deixo a aldea que conoço
 por un mundo que non vin!

 Deixo amigos por estraños,
 deixo a veiga polo mar,
 deixo, en fin, canto ben quero...
 ¡Quén pudera non deixar...!

 Adiós, adiós, que me vou,
 herbiñas do camposanto,
 donde meu pai se enterróu,
 herbiñas que biquei tanto,
 terriña que nos crióu.

 Xa se oen lonxe, moi lonxe,
 as campanas do Pomar ;
 para min, ¡ai !, coitadiño,
 nunca máis han de tocar.

 Xa se oen lonxe, máis lonxe...
 Cada balada é un dolor ;
 voume soio, sin arrimo...
 Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!.

 ¡Adiós tamén, queridiña...!
 ¡Adiós por sempre quizáis...!
 Dígoche este adiós chorando
 dende a beiriña do mar.

 Non me olvides, queridiña,
 si morro de soidás...
 Tantas légoas mar adentro...
 ¡Miña casiña! ¡meu lar!

Podedes escoitar a versión musicada por:
 Amancio Prada


Lucía


No hay comentarios:

Publicar un comentario