O día 2 de abril celébrase, en todo o mundo, o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL para commemorar o nacemento de Hans Christian Andersen.
Para esta celebración a escritora Marwa Obaid envíanos unha mensaxe e Nasim Abaieian debuxou un cartel moi bonito.
MOITAS CULTURAS, UNHA HISTORIA
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias" Historias internacionais… historias tradicionais É a mesma historia que se nos conta a todos En diferentes voces En diferentes cores Pero permanece inmutábel… Comezo… Argumento… E fin… É a mesma historia que todos sabemos e amamos Todos a escoitamos En diferentes versións de diferentes voces Mais sempre é a mesma Hai un heroe… unha princesa… e un vilán Non importa a súa lingua, nin os seus nomes, Nin as súas caras É sempre o mesmo comezo, Argumento E fin Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán Inmutábeis durante séculos Acompáñannos Murmúrannos nos nosos soños Arrólannos para durmir As súas voces marcharon hai tempo Pero viven nos nosos corazóns para sempre Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
Escrito por: Marwa Al Aqroubi Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.
Lede despaciño, é interesante, verdade? | |
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario