Os alumnos de 6º estamos a participar no Rebumbio Matemático organizado por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática).
O Rebumbio é unha actividade de aproximación as matemáticas dun xeito distinto. Os problemas resólvense cun traballo de grupo.
A primeira fase desenvolveuse no colexio e participou todo o alumnado de sexto.
Para a segunda fase soamente podía ir un equipo de tres participantes por cada aula.
En 6º A clasificouse o equipo "Arquímedes" formado por Sara, Diego e Paula.
En 6º B o equipo "Os matementes" formado por Gabriel, Lucía e Xurxo.
Hoxe foi a proba da fase de zona
Todos xuntos marchamos no autobús para o Fórum.
Estabamos 31 equipos da Coruña.
Déronos a benvida e rápido a traballar.
Pasámolo moi ben; esperamos clasificarnos para a seguinte fase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario