
A proposta provén da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en memoria da destrución da Biblioteca de Sarajevo, queimada en 1992 durante o conflito dos Balcáns.
A iniciativa naceu para transmitir á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro para os lectores de todas as idades coa cultura e como instrumento para mellorar a formación e a convivencia humana.
Todos os cursos de primaria pasarán por ela para:
- Descubrir as posibilidades e os novos espazos da biblio
- Coñecer as normas de uso
- Presentar o lema do cartel deste ano
- Recoller os seus novos carnés de lectores mediante unha búsqueda do tesouro, na que deberán poñer a proba os seus coñecementos para localizar os libros nas estanterías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario