martes, 28 de noviembre de 2017

Contacontos cultura xitana

Esta mañá o alumnado e profesorado de 5º A e B, tiveron a sorte de poder contar con Sebastián Porras e Manuel Cortés, que viñeron dende a Fundación Privada Pere Closa, de Catalunya.
Estiveron contándonos historias xitanas que falan de inclusión, de igualdade e da importancia da educación.
Tamén nos achegaron á orixe da étnia xitana, procedente da India e Pakistán dende hai máis de 6 séculos, ou á lingua Rromanó, común a todas as xitanas e xitanos espallados polo mundo. 
Chaval, pinrel ou jalar, palabras que empregamos a diario, xurden de alí.

Esta actividade a realizouse grazas a un proxecto do Ministerio de Educación e a Universidade da Coruña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario