sábado, 14 de abril de 2018

Saint Patrick´s Day and Easter Hunt

O xoves 22 de marzo celebramos no colexio dúas tradicións inglesas Saint Patrick´s Day and Easter Hunt organizadas dende o equipo de inglés.  O alumnado do centro acudiu vestido de verde e cun "shamrock" pintado na cara. Todos xuntos no patio puidemos gozar da presentación de dúas danzas irlandesas, unha representada pola nosa auxiliar de conversa e a outra polos nenos e nenas de 4 anos que participaron na actividade de Xuntarte. A continuación, tivo lugar a xa tradicional búsqueda de ovos de Pascua polo patio. Os máis pequenos, ao atopalo tiñan que acudir a xunto un profe e dicirlle a cor do ovo en inglés. E os máis grandes tiñan que realizar o mandato que aparecía escrito dentro do ovo correctamente. E deste xeito foi como o noso alumnado conseguiu cambiar os ovos de plástico polos de chocolate.
Que actividade máis chula! Grazas equipo plurilingüe!



 
 Easter Hunt




 



No hay comentarios:

Publicar un comentario