O mércores 16 conmemoraremos no centro o día das LETRAS GALEGAS, adicado este ano a María Victoria Moreno. A cuarta muller da historia en recibir este recoñecemento.María Victoria Moreno foi profesora, poeta, narradora, tradutora, conferenciante, ensaista e firmemente comprometida coa lingua galega.
Lingua que fixo súa, tras coñecela ao chegar a Galicia dende Castela con 24 anos. Pioneira na literatura infantil e xuvenil galega, conta con numerosos títulos, algúns deles traducidos a outras linguas.
Estes son algúns dos seus libros que o alumnado está traballando nas aulas.

Para saber máis sobre ela podedes acceder aos documentos das seguintes ligazóns:
- Letras galegas
- A Primavera das letras
- Portal da lingua galega
- Bibliotecas escolares
ORGANIZACIÓN DO MÉRCORES 16 DE MAIO
9:00 Himno galego
11:00- 13:00 Demostración de música galega con instrumentos tradicionais así como unha exhibición de traxes típicos de baile galego.
Durante toda a semana: RETO DO GALEGO




No hay comentarios:
Publicar un comentario